Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello de Santiago autoriza máis de medio centenar de cacharelas e sardiñadas para a noite de San Xoán

Tramitáronse 41 celebracións en espazos públicos para o 23 de xuño e máis de 500 comunicacións previas de festas privadas, con reforzo de seguridade e medidas especiais

Cacharela
O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, informou da autorización de 53 cacharelas e sardiñadas públicas en Santiago
Eladio González Lois
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, explicou que das 53 cacharelas e sardiñadas públicas autorizadas, 41 celebraránse na noite de san Xoán. Destas autorizacións, 17 foron para cacharelas con sardiñada, 17 para sardiñadas, e outras 7 para cacharelas. O edil apuntou que desde o departamento de Mobilidade facilitouse o enganche a puntos de luz a un total de 16 cacharelas e sardiñadas, ao tempo desde os departamentos de Servizos Básicos e Obras se facilita acceso a puntos de auga e sacos de area, fundamentalmente na zona histórica, para a protección do pavimento.

O concelleiro lembrou que, como é habitual, para a noite de San Xoán haberá un importante reforzo dos efecetivos da Policía Local e dos Bombeiros, para atender calquera posible incidencia. Ademais, Xan Duro fixo unha chamada a extremar as medidas de precaución, habida conta das altas temperaturas destes días, “tanto no que tén que ver coas propias cacharelas como co efecto que o calor poida ter nas persoas máis vulnerables”.

O Concello ten publicadas unha serie de instrucións para garantir a seguridade nas cacharelas e/ou sardiñadas. Se a súa celebración se produce en zona urbana o volume de combustible da cacharela non excederá os 2 metros de diámetro, nin 6 metros de perímetro, nin un metro de altura. Na zona rural, non excederá os 3 metros de diámetro, nin 9 de perímetro, nin 3 metros de altura. En todo caso, as fogueiras estarán afastadas de vivendas e vehículos, de masas arbóreas ou zonas vexetais, e non se situarán baixo tendidos eléctricos ou telefónicos.

Como é habitual, estará prohibido queimar pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico, así como recipientes de líquidos inflamables ou sprays.

No caso das cacharelas sobre enlousados, será obrigado protexer o pavimento cunha capa de area de 10 centímetros

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620