Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC aproba unha oferta pública de emprego con 289 prazas para PTXAS e PDI en 2026

A convocatoria inclúe 115 prazas de persoal técnico e 174 de profesorado, con especial atención á estabilización e promoción interna

A USC completa a primeira promoción do Grao en Intelixencia Artificial, unha titulación pioneira que integra formación académica, investigación aplicada e colaboración co tecido socioeconómico
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou a oferta pública de emprego de PTXAS e PDI para 2026
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Consello de Goberno da USC aprobou este venres a oferta pública de emprego de PTXAS e PDI para 2026 que presentou o equipo reitoral que dirixe Rosa Crujeiras e que foi negociada coas organizacións sindicais. Trátase de 115 prazas para o Persoal Técnico de Xestión, Administración e Servizos (PTXAS) e 174 para o Persoal Docente e Investigador (PDI)

Da totalidade das 174 prazas de profesorado con vinculación permanente, 124 (53 de profesorado permanente laboral, 69 de titular de universidade e 2 de catedrático/a de universidade) corresponden ao sistema de quenda libre, reservándose 19 delas (9 de permanente laboral, 9 de titular de universidade e 1 de catedrático/a de universidade) para dar cumprimento á obriga de destinar como mínimo un 15 % do total para a incorporación de persoal investigador doutor que obtivese o certificado I3 ou R3. Inclúense, ademais, 50 prazas de catedrático ou catedrática de universidade pola quenda de promoción interna.

Tal e como explicou o vicerreitor de Profesorado e Innovación Docente, Pablo Taboada, “tratamos de dar resposta na medida da dispoñibilidade orzamentaria ás expectativas de consolidación e promoción do noso PDI, así como de intentar cubrir necesidades docentes e investigadoras, principalmente en áreas de difícil captación e clínicas, así como de mellora de estruturación do cadro de persoal de áreas e departamentos”.

Con respecto á oferta para o PTXAS, inclúe 43 prazas na oferta xeral, 3 de consolidación de persoal indefinido non fixo por sentenza xudicial e 69 de promoción interna independente. Os criterios para a determinación das prazas a ofertar responden á situación económica da Universidade e ás necesidades de recursos humanos producidas por xubilacións.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620