Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago concederá a Alba de Compostela 2026 a Camilo Nogueira, Susi Gesto, Ricardo Gurriarán e Concha Rozas

O Consello Asesor de Condecoracións acordou por unanimidade recoñecer as súas traxectorias no ámbito político, veciñal, cultural e artesanal

O Pleno municipal do mes de xuño ratificará a concesión das Albas de Compostela 2026
O Pleno municipal do mes de xuño ratificará a concesión das Albas de Compostela 2026
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou en rolda de prensa os nomes das persoas que recibirán neste 2026 a Alba de Compostela, tras o acordo por unanimidade adoptado polo Consello Asesor de Condecoracións, que se aprobará na sesión plenaria do mes de xuño.

“É unha honra para min facer esta comunicación no nome do Consello Asesor de Condecoración”, sinalou a rexedora, que subliñou que, como en anos anteriores, as persoas galardoadas proceden de ámbitos moi diversos e que "cada unha desde a súa traxectora profesional e persoal, contribúen a facer de Compostela un referente, sendo tamén elas mesmas persoas de relevancia nos seus ámbitos e cunha fonda vinculación con esta cidade e con este concello”.

Trátase de Camilo Nogueira Román, de quen a alcaldesa salientou a súa ampla traxectoria política e de servizo público; Concepción Rozas César, “unha das voces máis recoñecidas e estimadas do movemento veciñal da Pontepedriña”; Ricardo Gurriarán Rodríguez, “figura de grande importancia para a recuperación da memoria histórica do pasado recente compostelán”; e Susana Gesto Beiroa, expoñente contemporáneo da ourivería compostelá “que destaca pola súa creación artística e polo labor que leva a cabo como formadora e divulgadora do oficio,”, sinalou a rexedora.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620