Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago reivindica a figura máis descoñecida de Castelao cun roteiro urbano polo 140 aniversario do seu nacemento

O proxecto 'Castelao Insólito' ofrece catro visitas guiadas e un percorrido dixital permanente para descubrir a pegada persoal, artística e política do autor na cidade

A iniciativa municipal conmemora o 140 aniversario do nacemento de Castelao e o centenario da primeira edición de 'Cousas'
A iniciativa municipal conmemora o 140 aniversario do nacemento de Castelao e o centenario da primeira edición de 'Cousas'
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira de Capital Cultural e Memoria Histórica, Míriam Louzao, presentou este xoves a iniciativa ‘Castelao Insólito’, un proxecto do Concello de Santiago de Compostela desenvolvido por Maos Innovación Social, acompañada por Nee Barros, integrante da cooperativa.

O proxecto conmemora o 140 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (1886-1950) e do 100 aniversario da primeira publicación do seu libro ‘Cousas’ (1926).

Míriam Louzao explicou que, con este motivo, deseñouse un paseo pola cidade do que se farán catro sesións presenciais a próxima semana, que se complementarán cun percorrido autoguiado a través das narracións, dispoñibles tanto en audio como en texto, e tanto en galego como en inglés, recollidas na web castelaoecompostela.gal, na que tamén se pode ver unha selección de fotografías e obras de Castelao.

De practicante no hospital a asiduo da peña do Colón. Castelao viviu en Santiago de Compostela nove anos, mais a súa primeira visita foi sendo un raquítico bebé, cando a nai o levou a Belvís para pedir por el, non fose ter mal de ollo ou estar endemoñado. Cando estudaba Medicina, debuxaba nas mesas dos bares e pedía que borrasen o resultado. Do mesmo xeito que esa arte, o Castelao humano ficou esborranchado polo mito. A iniciativa ‘Castelao Insólito’ busca redescubrilo nas rúas da cidade.

Catro sesións

A versión guiada contará con catro sesións en galego pola cidade. Cada unha fará nove paraxes, tantas como anos viviu Castelao en Compostela. Tres delas explorarán eses anos composteláns, dúas serán para achegar a súa faceta artística, unha para a literaria, outras dúas para a política e unha final para coñecer como os seus restos volveron á cidade.

Nee Barros explicou que a primeira sesión terá lugar o xoves 25 de xuño ás 20.00h. As seguintes sesión faranse o venres 26, ás 17.00h e tamén ás 20.00; e o sábado 27 ás 12.00h. As prazas son limitadas ata un máximo de 30 persoas por percorrido e para asistir é preciso inscribirse a través dun formulario en liña no portal. A duración estimada é de dúas horas.

Con este proxecto, o Concello continúa coa aposta polos paseos guiados que amosan a historia da cidade, como Ruth e o Leviatán con motivo do centenario da primeira visita de Ruth Matilda Anderson a Compostela ou Venceremos Nós, sobre as mobilizacións de marzo do 68 en Compostela.

Percorrido autoguiado 

“Queremos que estes paseos non sexan efémeros, senón que queden para que calquera persoa poida facelo no momento que queira e por iso están dixitalizados e nunha páxina web e tamén en dous idiomas, galego e inglés, para que tamén poidan gozalos as persoas que nos visitan dentro do noso obxectivo de amosar moito máis de Compostela aos turistas”, indicou a concelleira de Capital Cultural.

Para facer o paseo ‘Castelao Insólito’ de xeito autoguiado é preciso ter un dispositivo móbil e auriculares. A tradución a inglés é de Raquel Senra, de Árbore Azul, e os audios foron gravados por A Casa do Rock. Míriam Louzao destacou o carácter colectivo deste proxecto no que participan varias entidades de Compostela que “constrúen ese tecido cultural forte e vivo do que tan orgullosas nos sentimos”, afirmou.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620