Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello pide explicacións á Subdelegación do Goberno polas cargas policiais 

O Executivo local reclama información detallada sobre o operativo despregado e confía en que a cidade poida celebrar na Praza da Quintana un posible ascenso da SD Compostela a Segunda RFEF

Pazo de Raxoi, casa del Concello de Santiago
O Goberno municipal solicita aclaracións sobre a actuación policial rexistrada en Santiago e confirma a instalación dunha pantalla na Praza da Quintana
Archivo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Goberno de Santiago manifestou a súa preocupación polos incidentes rexistrados o pasado domingo, 15 de xuño, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, durante o encontro entre a SD Compostela e o CF Badalona, e informou de que xa solicitou formalmente explicacións á Delegación do Goberno, autoridade competente en materia de seguridade en eventos deportivos, sobre a actuación da UIP da Policía Nacional contra seguidores do club compostelán.

O Concello trasladou así a súa inquietude polos feitos acontecidos e reclama unha resposta detallada sobre o operativo despregado e sobre as circunstancias que motivaron as cargas policiais. O Goberno municipal considera que a cidadanía de Santiago merece unha explicación clara, transparente e motivada do sucedido, e lamenta que se produzan este tipo de situacións na cidade.

O Concello informou tamén da autorización dunha pantalla na Praza da Quintana para o vindeiro domingo e agarda que a cidade poida celebrar nesa xornada o ascenso da SD Compostela á Segunda RFEF. O Goberno de Santiago reafirma o seu compromiso coa defensa dos dereitos da veciñanza, incluído o dereito a desfrutar dos espectáculos deportivos nun ambiente seguro, respectuoso e axeitado.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620