Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago impulsa unha nova edición de “Compostela Convive” para promover a convivencia intercultural

O programa, organizado polo Concello e a Plataforma polo Emprego, inclúe encontros literarios, cinema documental e obradoiros gastronómicos entre xuño e xullo

O Concello de Santiago e a Plataforma polo Emprego presentaron a programación de “Compostela Convive”
O Concello de Santiago e a Plataforma polo Emprego presentaron a programación de “Compostela Convive”
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Santiago, a través da Unidade Municipal de Atención ás Migracións, e a Plataforma polo Emprego poñen en marcha unha nova edición do programa “Compostela Convive” co obxectivo de promover a convivencia, o respecto á diversidade e o diálogo intercultural e a cohesión social. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e o presidente da Plataforma, Miguel Fernández, deron conta esta mañá das actividades que se desenvolverán nos meses de xuño e xullo.

A tenenta de alcaldesa explicou que o programa ten o obxectivo de “darlle visibilidade ás diferentes culturas coas que convivimos en Santiago, poñer en valor esa diversidade, e facelo desde unha perspectiva de encontro e alegría”. María Rozas lembrou que en Compostela viven máis de 10.000 persoas con orixe estranxeira, “e é preciso recordar o moito que nos achegan, do punto de vista económico como se vén lembrando no proceso de regularización en marcha, pero tamén do punto de vista intercultural”.

Tres propostas abertas á participación

O programa “Compostela Diversa” inclúe tres actividades con formatos diferentes pero cun obxectivo común: xerar espazos de reflexión compartida e de achegamento entre realidades culturais diversas.

A primeira delas terá lugar o xoves 18 de xuño, ás 19.00 horas, na libraría NUMAX. Trátase dun encontro literario arredor de dúas publicacións: 'La luna está en Duala' e 'El latir de un continente', de Sani Ladan. Miguel Fernández destacou a figura do autor, “un dos divulgadores máis recoñecidos a nivel estatal no que tén que ver co fenómeno das migracións desde África e os dereitos humanos”. Sani Ladan participará nunha conversa aberta xunto a Jonatan Santos, na que se abordarán cuestións vinculadas ás migracións contemporáneas, as desigualdades globais e os vínculos entre África e Europa a partir da experiencia vital do autor e do seu traballo como divulgador e activista.

A segunda actividade prevista desenvolverase o xoves 26 de xuño, na sala de cinema NUMAX, a partir das 18.30 horas. Será a proxección da curtametraxe documental 'Los cayucos de Kayar', seguida dun coloquio co seu protagonista, o actor e activista Thimbo Samb. O filme achega unha mirada directa sobre as rutas migratorias e as condicións sociais e económicas que impulsan estes movementos.

Por último, xa en xullo, a gastronomía será a protagonista do programa “Compostela Convive” con tres xornadas na Aula Gastrocultural da Praza de Abastos os martes 7, 14 e 21 de xullo, ás 19.00 horas. Estas xornadas abriranse coa participación de Sylla, orixinario de Malí, quen achegara unha mostra da cociña tradicional do seu país de orixe da man de Kike Piñeiro, cociñeiro de A Horta d’Obradoiro. No día 14, o restaurante Nömada Dar, acehgaranos a tradición culinaria marroquí e, por último, coñeceremos a gastronomía palestina, da man do restaurante Jerusalem.

Para asistir ás xornadas gastronómicas, por razóns de aforo do espazo, é preciso inscribirse previamente no mail compostelaconvive@gmail.com

Día Mundial das Persoas Refuxiadas

Aproveitando a rolda de prensa, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais avanzou que o próximo sábado, día 20, a Casa das Máquinas acollerá un acto para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas. Unha das actividades da xornada será a impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no 50 aniversario da República Árabe Saharaui Democrática. Trátase de “Arredor do té”, unha charla debate con persoas saharauís.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620