Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago acolle un encontro cos Premios da Crítica 2025 de narrativa e poesía en galego

O Ateneo de Santiago reunirá a autores e especialistas arredor das obras galardoadas e anunciará o I Premio de Ensaio da AGC

Premios da Crítica
Lorena Souto e Fernando Castro, gañadores do Premio da Crítica 2025
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Hoxe, 16 de xuño, ás 19.30 horas, o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asocaición Galega da Crítica (AGC) acolle na rúa do Vilar, 19, un encontro cos autores galardoados cos Premios da Crítica 2025, en lingua galega, nas modalidades de narrativa e poesía. O acto contará coa participación de Fernando Castro Paredes, Lorena Souto, Marilar Aleixandre, Dolores Vilavedra, Tensi Gesteira, Inma Otero e Pilar Sampedro.

Os Premios da Crítica, concedidos pola Asociación Española de Críticos Literarios dende 1956, recoñecen os mellores libros de narrativa e poesía publicados no ano anterior nas linguas castelá, galega, éuscara e catalá. A proposta da Asociación Galega da Crítica, este ano foron distinguidos o poemario Exuvia e saliva, de Lorena Souto, e a novela O lanzador de coitelos, de Fernando Castro Paredes. Durante o encontro tamén se dará a coñecer a persoa gañadora do I Premio de Ensaio da AGC.

Exuvia e saliva propón unha ollada sobre o contexto rural afastada da idealización, atenta ao detalle e ás estruturas internas desa realidade, arredor de temas como a linguaxe, o silencio, os rituais, o alimento, a natureza ou a pertenza.

Pola súa banda, O lanzador de coitelos parte dos códigos do thriller para construír unha novela sobre a liberdade, a memoria, o fracaso, a corrupción humana e a procura da propia identidade. 

Lorena Souto é filóloga, poeta, tradutora e profesora de galego na Escola Oficial de Idiomas; Fernando Castro Paredes é profesor de Ensino Secundario, dramaturgo e narrador, cunha ampla traxectoria no ámbito teatral e literario.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620