Gonzalo Muíños pide explicaciones por las cargas policiales en el estadio Vero Boquete durante el partido del Compos
El concejal solicita aclarar el operativo desplegado y reclama transparencia

O concelleiro non adscrito de Santiago de Compostela, Gonzalo Muíños, pediu explicacións públicas ao delegado do Goberno en Galicia e á alcaldesa de Santiago polas cargas policiais rexistradas o pasado domingo no estadio Vero Boquete durante un encontro do Compos.
Muíños sinala que, “coa máxima das prudencias”, considera necesario aclarar que motivou un operativo policial que, nun primeiro momento, non parecía requirir un despregue especial, “ao non tratarse dun derbi nin dun encontro de carácter extraordinario”.
Neste sentido, o edil solicita coñecer se o Goberno local estaba ao tanto do dispositivo despregado, en que condicións se realizaron os controis aos asistentes e cales foron os motivos que derivaron nas cargas policiais e na detención dalgunha das persoas presentes no estadio.
Ante a difusión de imaxes e comentarios nas redes sociais sobre o ocorrido, Muíños considera “adecuado que se dean todas as explicacións pertinentes” para esclarecer os feitos.
Ao seu xuízo, tanto a cidadanía e as persoas asistentes ao encontro como os propios servizos policiais merecen coñecer os detalles dunha actuación destas características e as decisións que a motivaron: “é oportuno que os responsables políticos deste operativo dean explicacións porque son precisamente os que, supoñemos, ordenaron esta acción”.
O concelleiro subliña que a súa petición non busca xerar polémica, senón garantir a transparencia institucional. “Non buscamos polemizar con este asunto. Simplemente que se dean explicacións e se actúe con transparencia ante unha situación moi delicada”, conclúe.












