A eclipse centra a derradeira conferencia do ciclo Os Luns do Ateneo
A astrofísica Antonia Varela abordará en Santiago o valor dos ceos Starlight e o impacto da contaminación lumínica en Galicia

O Ateneo de Santiago organiza este luns, 15 de xuño, ás 19.30 horas, na Rúa do Vilar, 19, a derradeira conferencia do ciclo 'Os Luns do Ateneo' que por título 'Galicia baixo a sombra da eclipse: ceos Starlight e oportunidade territorial'. A sesión estará impartida pola astrofísica Antonia M. Varela Pérez, directora da FundaciónEs Starlight.
A conferencia centrarase na importancia da protección do ceo nocturno e no potencial dos territorios Starlight como espazos de calidade ambiental, científica, cultural e turística.
A través desta intervención, o Ateneo achegará ao público unha reflexión sobre o valor dos ceos escuros, a contaminación lumínica e as oportunidades que se abren para Galicia no contexto da próxima eclipse.
Antonia M. Varela Pérez é doutora en Astrofísica pola Universidade de La Laguna, directora xerente da Fundación Starlight, enxeñeira senior no Instituto de Astrofísica de Canarias e directora do Museo da Ciencia e o Cosmos de Tenerife.
Conta cunha ampla traxectoria investigadora e divulgadora, con máis de 100 traballos científicos publicados e máis dun milleiro de contribucións de divulgación.
En 2023 participou nunha investigación publicada en Science sobre contaminación lumínica e ameazas ao ceo nocturno. Tamén desenvolveu un destacado labor docente e de promoción das vocacións STEM entre nenas e mulleres, e recibiu recoñecementos como a Medalla de Ouro de Canarias en 2024.












