Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Escola Municipal de Música de Santiago despídese do curso cun gran festival no Auditorio de Galicia

O concerto, este venres 12 ás 19.00 horas, reunirá todas as formacións do centro e ofrecerá un amplo repertorio con entrada gratuíta ata completar aforo

O concerto incluirá actuacións da Banda, Orquestra, Coros, Big Band e agrupacións de música tradicional e moderna, nunha cita aberta ao público ata completar aforo
O concerto incluirá actuacións da Banda, Orquestra, Coros, Big Band e agrupacións de música tradicional e moderna, nunha cita aberta ao público ata completar aforo
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, en colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela, celebrará o este venres 12 de xuño, ás 19.00 horas, no Auditorio de Galicia, o seu tradicional Festival de Fin de Curso, unha das citas máis destacadas do calendario académico e musical da cidade.

O concerto reunirá sobre o escenario a todas as grandes formacións da Escola: a Bandiña, a Banda, a Orquestriña, a Orquestra, os Coros, a Agrupación de Música Tradicional, o Combo de Música Moderna e a Big Band, que ofrecerán un repertorio variado e atractivo para todos os públicos.

Ao longo da tarde, o público poderá gozar dunha proposta musical diversa na que terán cabida a música galega, a música clásica, as composicións contemporáneas e os estilos modernos, reflectindo así a ampla oferta formativa e artística do centro.

O Festival de Fin de Curso constitúe unha mostra do traballo realizado durante o curso polo alumnado e o profesorado da Escola Municipal de Música, ao tempo que se converte nun espazo de encontro e celebración colectiva arredor da música. A actividade pon en valor o papel fundamental da educación musical no desenvolvemento cultural e social de Santiago de Compostela e o compromiso do Concello coa educación artística e a promoción da cultura.

A entrada será gratuíta ata completar aforo. As persoas alleas á comunidade educativa da Escola que desexen asistir ao concerto poderán recoller as súas entradas na secretaría da Escola Municipal de Música, ata completar a dispoñibilidade.

A concelleira de Educación, Míriam Louzao, anima a veciñanza a participar nesta celebración, que supón o peche dun curso marcado polo esforzo, a aprendizaxe e o compromiso do alumnado, así como unha oportunidade para compartir coa comunidade o talento musical que se desenvolve nas súas aulas.

A Escola Municipal de Música e o Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela agardan contar coa presenza das familias, amizades e público en xeral para compartir unha tarde de música, convivencia e celebración.

Listaxes de admisión para o curso 2026/2027

Por outra parte, unha vez finalizado o período de inscrición para novo alumnado que tivo lugar entre o 30 de abril e o 29 de maio e realizado o sorteo das  especialidades con máis demanda, a Escola Municipal de Música publica este xoves a listaxe provisional de admisións para o curso 2026/2027.

O período de reclamacións é de 10 días naturais dende a publicación e o prazo de formalización de matrícula estará aberto do 23 ao 30 de xuño na secretaría da EMM.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620