Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago lanza manteis ilustrados para promocionar o rural compostelán en bares, escolas e asociacións veciñais

O proxecto 'Compostela Iconográfica' distribuirá 65.000 exemplares con mapas e ilustracións e 4.500 trípticos didácticos, co obxectivo de achegar o patrimonio rural á veciñanza e ós visitantes

As concelleiras Míriam Louzao e Pilar Lueiro presentaron no Pazo de Raxoi a iniciativa “Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas Parroquias”
As concelleiras Míriam Louzao e Pilar Lueiro presentaron no Pazo de Raxoi a iniciativa “Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas Parroquias”
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

As concelleiras de Turismo, Míriam Louzao, e Medio Rural, Pilar Lueiro, e Diniz Cabreira e Anxo Viqueira, representante de Sacauntos Cooperativa Gráfica, presentaron este xoves no Pazo de Raxoi os manteis de papel ilustrados que se distribuirán en bares e restaurantes para promocionar distintos atractivos do rural compostelán, así como o material didáctico para centros de ensino. Esta acción de promoción vai dirixida tanto á veciñanza como a turistas e visitantes para difundir a riqueza do rural.

O proxecto leva por nome ‘Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas Parroquias’  e ten por obxectivo poñer en valor este legado e suscitar tanto entre a veciñanza como entre os visitantes.

Míriam Louzao detallou que o deseño se inspira na filosofía fundacional do Sargadelos de Luís Seoane e de Isaac Díaz Pardo, coas parroquias situadas no mapa de Compostela e un símbolo por unha delas.

O Concello repartirá un total de 65.000 manteis entre os locais de hostalaría e 4.500 trípticos entre a comunidade educativa, cun cartel co mapa e todos os elementos para cada unha das aulas dos 16 centros públicos, os 13 CEIP e as tres escolas unitarias, así como un tríptico para cada alumno ou alumna. “Convidámolos a explorar o noso patrimonio saíndo de excursión en familia e usando o mapa. Que visiten eses lugares e que vaian riscando na casiña baleira de cada un deles, levando un rexistro ata completalo e ter coñecido Compostela enteira”, incidiu a concelleira de Educación.

Pola súa banda, Pilar Lueiro destacou que Compostela ten “un rural vivo, con tecido social” e apuntou a importancia de conectar o rural e o urbano.  “Queremos que o alumnado de todo o concello, e das parroquias, coñeza os petróglifos de San Xoán de Fecha, os canzorros da Igrexa de San Xulián no Carballal, o dragón da igrexa de Santa María de Marrozos, a Ponte Mantible en San Caetano, a capela de San Roque na Sabugueira, ou o Dolmen de Zaramacedo en Bando”, sinalou.

Os manteis ilustrados céntranse nos atractivos do rural, amosando dun xeito visual que paga a pena descubrir esoutra Compostela sucada ademais por sendas naturais e treitos dos distintos Camiños de Santiago, aos que se engadirá en breve outro atractivo de primeira orde: a Vía Verde.

Diniz Cabreira explicou que a ilustradora do mapa é Helena Penas Seoane e que o deseño se fixo partindo da idea de mostrar o rural dunha forma transversal, para o cal elixiron “un elemento de cada parroquia, aínda que hai moito máis en cada unha delas”. Con esa mesma idea de transversalidade escolleuse a hostalería como canle de difusión para a veciñanza e os turistas e os centros de ensino, para o público miúdo, completando a proposta cunha achega didáctica que inclúe código QR para acceder a máis información a través de 28 fichas de patrimonio, así como unha proposta lúdica coa posibilidade de pintar o mapa.

Os manteis distribuiranse en locais de hostalaría e centros educativos e inclúen un mapa ilustrado das parroquias de Santiago
Os manteis distribuiranse en locais de hostalaría e centros educativos e inclúen un mapa ilustrado das parroquias de Santiago
Concello de Santiago

QR para acceder a fichas dixitais

Para axudar na viaxe, inclúense uns códigos QR que levan a unha páxina web con fichas dixitais con máis información sobre o elemento co que se identifica cada parroquia e a ligazón exacta da localización para facilitar a excursión.

No eido turístico, trátase dun primeiro paso para traballar na liña de potenciar o rural de xeito directo e contribuír así tanto a ampliación da estadía media como de descentralizar a concentración en torno á Catedral e as súas prazas.

A distribución dos manteis ilustrados en bares e restaurantes continúa a liña de traballo de por en valor atractivos máis alá da cidade histórica, tal como se fixo co plano ilustrado “Compostela e moito máis. Descúbrea”, no que se incluían lugares destacados de barrios fora da améndoa.

Tamén vai na mesma dirección da posta en valor do “Muralismo en Compostela”, que se elaborou en Turismo de Santiago en colaboración coa Concellería de Xuventude e onde se recollen 46 obras de arte urbano, con grandes murais pintados sobre múltiples edificios, todos fóra do casco histórico.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620