Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Música, teatro e ruletas de premios: Santiago convértese nun gran escenario co “Prima 26” do comercio local

A festa arrinca esta tarde e encherá as rúas ata o sábado con pasarrúas, espectáculos e actividades infantís en distintos puntos da cidade

Pasarrúas e espectáculos de animación percorrerán esta tarde o Ensanche e o casco urbano dentro da programación do “Prima 26”, a festa do comercio local de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Esta tarde comeza a festa do comercio local “Prima 26”, que se celebrará ata o sábado enchendo as rúas de música, pasarrúas e propostas de animación infantil. As actividades comezarán con dous pasarrúas que partirán ás 18.00 horas de diferentes puntos da cidade.

Desde de Praza de Vigo sairá o pasarrúas teatral de Rufina e Benito, que percorrerá diferentes rúas do Ensanche para rematar na Praza do Toural. Ese será tamén o punto de chegada do outro pasarrúas, co Gran Cuarteto da Familia Bocaprier, que iniciará en Concheiros un percorrido que o levará ata a Praza de Cervantes, a da Quintana e, finalmente, o Toural.

Mañá, 12 de xuño, a Praza Roxa será un dos epicentros do Prima 26. Alí, a partir das 18.00 horas, Caramuxo Teatro representará o espectáculo “Os Senteito”, unha comedia con máscaras e sen texto que aborda a importancia da convivencia entre diferentes e o dereito á vivenda. No mesmo espazo, a partir das 19.00 actuará A Banda dos Insectos, un proxecto musical de rock en galego dirixido a nenos e nenas a partir dos 3 anos.

Tamén ás 19.00 horas, na Praza 8 de marzo, actuará Unha señora orquestra, a proposta da actroz Ailén Kendelman que combina música e humor

Na última xornada do Prima 26, no sábado 13 de xuño, haberá actividades tanto pola mañá como pola tarde. A partir das 12.00 horas, na Praza Roxa haberá unha sesión de baile para os máis novos a cargo da escola compostelá BreakinClan, que fará unha demostración de break dance antes de ofrecerlle aos rapaces e rapazas que o desexen a oportunidade de aprender os pasos e acrobacias básicas nun obradoiro de iniciación.

Tamén ás 12.00 horas desde a Carreira do Conde partirá o pasarrúas da Real Banda de Cadeiras Encartables, un espectáculo itinerante que mestura música, humor e imaxinación e que percorrerá diversas rúas ata rematar na Praza de Feixóo. Neste espazo, a partir das 13.00 horas está previsto o concerto de Muaré, unha banda compostelá que combina pop electrónico, funk e música disco.

Xa na tarde do sábado, a programación do Prima 26 ofrece dúas actividades: teatro de rúa na Praza do Toural a partir das 18.00 horas, coa compañía Ghazafellos e o seu espectáculo “A illa sen tesouro”; e a música de Lideira, a partir das 20.00 horas, na Praza de Feixóo.

Ruleta “Eu merco aquí”

O Prima 26 recupera tamén a ruleta de agasallos “Eu merco aquí”, que estará instalada o venres pola tarde na Praza Roxa, en horario de 17.00 a 19.30 horas; e o sábado pola mañá na Praza do Toural, de 11.30 a 14.00 horas.

Na ruleta poden participar todas as persoas maiores de 16 anos que presenten un tícket do pequeno comercio de Santiago por importe igual ou superior a 5 euros, por compras realizadas entres os días 8 e o 13 de xuño de 2026, ambos incluídos. Cada tícket dá dereito a unha tirada na ruleta, pero non se poderán presentar máis de dous tíckets do mesmo establecemento, e cada persoa terá un límite de tres premios. Os premios consisten en agasallos mercados no comercio local e non poderán trocarse por diñeiro en efectivo

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620