Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Alameda convértese nunha aula de emerxencias: 700 escolares aprenden a previr incendios en Santiago

A III Semana da Prevención de Incendios reúne bombeiros, Protección Civil, Policía e 061 nun programa con obradoiros, simulacións e a 'Casiña do Fume' para ensinar como actuar ante unha emerxencia

A “Casiña do Fume”, instalada na Alameda, permite aos escolares practicar como actuar nun incendio doméstico e aprender técnicas básicas de autoprotección
A “Casiña do Fume”, instalada na Alameda, permite aos escolares practicar como actuar nun incendio doméstico e aprender técnicas básicas de autoprotección
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Alameda de Santiago acolle hoxe e mañá as III Xornadas da Prevención de Incendios, organizadas polo Servizo Municipal de Extinción de Incendios, a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros, ATPB; e a Fundación Mapfre. O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, visitou hoxe as actividades, polas que se prevé que pasen 700 escolares de nove centros educativos.

Xan Duro visitou as actividades acompañado polo xefe do Servizo Municipal de Extinción, Manuel Sanmartín; Alejandro García, da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros; e Carmelo Lorenzo, da Fundación Mapfre. Xan Duro explicou que o obxectivo destas xornadas é “sensibilizar á cidadanía, sobre todo aos nenos e nenas, axudar a identificar riscos e a saber como actuar diante dunha situación de emerxencia. O concelleiro lembrou que a maioría das vítimas mortais por incendios e explosións prodúcense por incidentes rexistrados en vivendas “e por iso é fundamental a prevención nas actividades cotiás”.

Pola súa banda, Alejandro García, da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros, APTB, explicou que das 249 persoas falecidas en incendios o ano pasado en España, 173 fórono por inhalación de fume. En Galicia, contabilizáronse 12 vítimas mortais en incendios e explosións, 10 delas tamén a consecuencia do fume. Por iso, insistiu, “estas actividades queren concienciar á poboación para evitar estas mortes, promovendo a instalación de detectores de fume nas vivendas”. A mesma recomendación trasladouna Carmelo Lorenzo en nome da Fundación Mapfre, que este ano volveu instalar na Alameda a súa Casiña do Fume para mostrarlles aos escolares como actuar en caso de incendio nas súas vivendas.

Actividades para escolares e para público en xeral

A III Semana da Prevención de Incendios celebrarase na Alameda os días 11 e 12 de xuño, con actividades abertas ao público en xeral, se ben as mañás estarán máis dedicadas ás visitas de escolares, con diferentes obradoiros pensados específicamente para os nenos e as nenas.  Como en anos anteriores, unha das propostas máis chamativas será a Casiña do Fume, unha instalación que permite ensinarlles sobre todo ás crianzas como deben actuar no caso dun incendio nos seus fogares, como poden orientarse cando todo está cheo de fume, e como deben actuar nunha emerxencia dese tipo. Ademais, haberá obradoiros de manexo de extintores ou de reanimación cardiopulmonar e primeiros auxilios e colaboración co 061; exposición de traxes de intervención e de vehículos, e tamén diferentes demostracións a cargo dos bombeiros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620