Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago convértese no epicentro da IA en galego co Foro ALIA da USC e o impulso a unha infraestrutura lingüística aberta en Europa

O foro reúne en Santiago universidade, investigación e empresas para avanzar na creación dunha infraestrutura pública de intelixencia artificial aberta e orientada ao galego

O Centro de Estudos Avanzados da USC acolleu este mércores o Foro ALIA de Tecnoloxías da Linguaxe e Industria, un encontro no que se presentaron novos recursos de intelixencia artificial en aberto
O Centro de Estudos Avanzados da USC acolleu este mércores o Foro ALIA de Tecnoloxías da Linguaxe e Industria, un encontro no que se presentaron novos recursos de intelixencia artificial en aberto
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Universidade de Santiago de Compostela acolleu este mércores o Foro ALIA de Tecnoloxías da Linguaxe e Industria, unha iniciativa impulsada polo Proxecto Nós no marco de ALIA que o consolida como un espazo estratéxico de encontro entre o ámbito académico, a investigación e o tecido empresarial para promover o desenvolvemento e a adopción de tecnoloxías lingüísticas baseadas en intelixencia artificial.

ALIA, un proxecto impulsado polo Goberno de España pioneiro na Unión Europea para dotar o país dunha infraestrutura pública de recursos de intelixencia artificial, con especial atención ao desenvolvemento das tecnoloxías lingüísticas para as linguas oficiais do Estado e cun firme compromiso coa IA aberta, confiable e orientada ao ben común.

Tras a última edición de marzo, o foro reafírmase como unha plataforma de colaboración orientada a favorecer a transferencia de coñecemento e a incorporación dos avances en tecnoloxías da linguaxe aos procesos de innovación empresarial. Tal e como destacou o director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC, Senén Barro, “ALIA busca situar as linguas de España á altura das máis desenvolvidas e usadas no mundo dixital e na súa economía e nós somos os encargados de facer que o galego brille especialmente aí, coa colaboración indispensable das empresas, que son á vez beneficiarias e benfeitoras neste proxecto”.

Na mesma liña pronunciouse a directora do Instituto da Lingua Galega, Elisa Fernández Rei: “ALIA é moito máis ca un conxunto de recursos lingüísticos, é a demostración de que a colaboración público-privada pode poñer a Galicia na vangarda das tecnoloxías da linguaxe. Entre todas e todos estamos a construír unha infraestrutura dixital para o galego imprescindible para garantir os dereitos lingüísticos de toda a cidadanía”.

A xornada, que tivo lugar no Centro de Estudos Avanzados (CEA), permitiu dar a coñecer de primeira man o estado dos recursos desenvolvidos no marco de ALIA e explorar novas oportunidades de cooperación entre universidade e empresa. Un dos eixos centrais do foro foi a presentación dos novos recursos do ecosistema ALIA, entre eles o ALIA Kit, unha colección aberta de modelos, conxuntos de datos, ferramentas e demostradores deseñados para facilitar o desenvolvemento de aplicacións e servizos de intelixencia artificial nas linguas do Estado. Estes recursos, desenvolvidos no marco da Plan Nacional de Tecnoloxías da Linguaxe da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial, están dispoñibles en aberto para que administracións públicas, empresas, organizacións e equipos de investigación poidan incorporalos aos seus propios proxectos e procesos de innovación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620