Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PSdeG denuncia o abandono da Alameda e acusa ao goberno local de permitir o seu deterioro

Os socialistas levarán ao pleno unha iniciativa para reclamar un mantemento continuo do parque

7.fonte sen limpar 1
Os socialistas aseguran que o espazo presenta maleza e zonas con sucidade,
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O PSdeG denuncia o estado de abandono da Alameda e acusa ao Goberno de Goretti Sanmartín de permitir o deterioro dun dos espazos máis emblemáticos de Santiago. O grupo municipal socialista levará ao pleno de xuño unha iniciativa para reclamar un mantemento activo, continuado e rigoroso deste Ben de Interese Cultural.

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu de que existe unha “perda de esplendor” na Alameda e criticou a falta de planificación e conservación nun espazo clave da cidade. 

Pola súa banda, a concelleira Marta Abal rexeitou que a demora na aprobación do Plan Director poida servir de escusa para non actuar no día a día.

Os socialistas aseguran que o espazo presenta maleza en camiños e escaleiras, sebes sen podar e zonas con sucidade, e denuncian tamén o estado de elementos patrimoniais como o Palco da Música e a fonte de mármore.

Abal sinalou que o actual contrato de mantemento das zonas verdes remata o 31 de agosto sen que, polo momento, se coñeza unha nova licitación, o que podería deixar o servizo en precario.

Tamén advertiu de deficiencias no mantemento de fontes e estanques, con presenza de sucidade e elementos sen funcionamento, así como da desaparición de sinalización e falta de coidado en distintos puntos do parque.

Os socialistas reclaman ao Goberno municipal que adopte medidas inmediatas de conservación, independentemente da tramitación do Plan Director, co obxectivo de garantir o mantemento do espazo mentres se define a súa planificación futura.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620