Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Galicia quere entrar no corazón do CERN: o IGFAE aspira a liderar un prototipo clave do futuro acelerador de partículas

O instituto da USC e a Xunta impulsa unha iniciativa estratéxica para construír en Santiago unha peza esencial do FCC, o proxecto que substituirá ao Gran Colisionador de Hadróns

O IGFAE de Santiago de Compostela coordina unha proposta para desenvolver en Galicia un prototipo da Sección Recta Corta do Futuro Colisionador Circular do CERN
O IGFAE de Santiago de Compostela coordina unha proposta para desenvolver en Galicia un prototipo da Sección Recta Corta do Futuro Colisionador Circular do CERN
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia, aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial do Futuro Colisionador Circular (FCC), o proxecto do CERN chamado a substituír ao actual Gran Colisionador de Hadróns.

A iniciativa sitúa a Galicia nunha posición estratéxica dentro da investigación internacional en física de partículas e implicará a colaboración entre o ámbito académico e o tecido industrial especializado en tecnoloxías de aceleradores. O proxecto enmárcase nun proceso de Compra Pública Precomercial impulsado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), no que a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, actúa como comprador público, mentres o IGFAE exerce como promotor científico e técnico.

Co obxectivo de canalizar a participación de empresas interesadas, vén de activarse unha consulta preliminar ao mercado que permanecerá aberta ata o 9 de xullo. Ademais, o vindeiro 23 de xuño celebrarase unha xornada informativa na sede do IGFAE, en Santiago de Compostela, para explicar os detalles do proceso, o seu alcance e as oportunidades de participación para o ecosistema galego e estatal de I+D+i.

O proxecto contempla o desenvolvemento dunha “cela de arco” a escala real, unha estrutura de 43 metros que servirá como unidade básica do futuro acelerador. Esta maqueta integrarase a partir de prototipos desenvolvidos en distintos países participantes no FCC e deberá replicarse ata 2.000 veces para completar o anel do colisionador.

Dentro desta estrutura, o IGFAE centrarase na chamada Sección Recta Corta (SSS), unha subunidade que integra imáns dipolares, cuadrupolares e sextupolares, elementos fundamentais para guiar e enfocar o feixe de partículas. O obxectivo é desenvolver un banco de probas que será ensamblado e validado nas instalacións do instituto en Santiago antes de ser testado no CERN.

O director do IGFAE, Carlos Salgado, destaca que o proxecto “entronca cun dos obxectivos fundacionais do instituto, o fomento da actividade industrial en tecnoloxías relacionadas coa física de partículas”, e subliña o seu potencial como proxecto tractor para Galicia, tanto na xeración de coñecemento como na creación de emprego cualificado.

Desde o IGFAE coordinarán esta iniciativa, ademais de Salgado, o investigador Abraham Gallas, o científico Néstor Armesto e o enxeñeiro Antonio Fernández Prieto.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620