Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Sanmartín pide “colaboración, diálogo e compromiso” co empresariado para impulsar os grandes proxectos de Santiago

A alcaldesa defendeu na CEG a necesidade de cooperación público-privada para avanzar na eliminación da peaxe da AP-9, o tren de proximidade e a plataforma loxística

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou na clausura da asemblea xeral da Confederación de Empresarios de Galicia
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou na clausura da asemblea xeral da Confederación de Empresarios de Galicia
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmatín, defendeu hoxe na clausura da asemblea xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) a necesidade de consolidar as canles de colaboración entre o Concello e o empresariado para avanzar nos obxectivos compartidos do medio prazo, como a plataforma loxística , a eliminación da peaxe da AP-9 ou o tren de proximidade, e coidar a bases que sustentan a economía local.

“Fai falta colaboración mutua, diálogo, responsabilidade e compromiso colectivo”, destacou a rexedora, e reafirmou que “o compromiso do goberno de Compostela está garantido” na súa intervención diante das empresarias e empresarios reunidos na mañá deste martes na sede da CEG.

Para acadar os obxectivos comúns a medio e longo prazo, Sanmartín avogou por “coidar as bases que sustentan a nosa economía, que coinciden co que precisa a maioría da nosa poboación”. En concreto, sinalou que cómpre “coidar o patrimonio e a identidade e seguir sendo unha cidade de cultura, de coidados e de investigación, orgullosa capital de Galicia” á vez que “traballar pola diversificación, ampliando o peso doutros sectores económicos” máis alá do sector servizos.

“Coidar o que temos é o primeiro obxectivo que temos marcado desde o Concello, un traballo que está impulsando transformacións rigorosas e pensadas para garantir unhas boas condicións de vida para a nosa veciñanza e tamén para un funcionamento equilibrado e sustentable da nosa economía, no presente e no futuro”, engadiu.

Sanmartín destacou tamén que as empresas precisan unha Administración áxil e dinámica, que resolva e que deseñe políticas ambiciosas e puxo en valor a aposta do goberno municipal por “políticas de pouso, con efectos a longo prazo, que precisan certa marxe de tempo para se consolidaren e para que os seus efectos se perciban no día a día”.

Neste sentido, apuntou ao traballo realizado para a compactación urbana, o transporte de calidade, a rehabilitación e a posta en uso das vivendas, os servizos de conciliación, a axuda ás persoas dependentes, a modernizar a administración e a contratación responsable, entre outras medidas municipais.

Conxuntura favorable

Goretti Sanmartín aludiu no seu discurso á situación económica de Compostela, que vive “unha conxuntura favorable” e dinámica.  “Estas circunstancias, debedoras da nosa posición como capital administrativa e universitaria e tamén de que somos unha potencia turística, son unha realidade teimosa”, manifestou a alcaldesa, e defendeu a necesidade da complicidade co empresariado local para avanzar da man con “diálogo sosegado e traballo conxunto para lograr novas metas”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620