Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello de Santiago adxudica obras de pavimentación e licita a ampliación do saneamento no rural

A Xunta de Goberno aproba actuacións en Bar de Arriba, Bar de Abaixo, Asidros e Laraño cun investimento de máis de 320.000 euros

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou a adxudicación de obras de pavimentación en varias vías do rural e a licitación da ampliación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Nova da Igrexa
A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou a adxudicación de obras de pavimentación en varias vías do rural e a licitación da ampliación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Nova da Igrexa
Google Earth
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns dous expedientes de mellora do ámbito rural. Dunha banda, a adxudicación das obras de pavimentación dos lugares de Bar de Arriba e Bar de Abaixo e da rúa dos Asidros. Doutra, a licitación da ampliación das redes de abastecemento e saneamento á rúa Nova da Igrexa, na parroquia de Laraño.

A obras de pavimentación dos lugares de Bar de Arriba e Bar de Abaixo e da rúa dos Asidros foro adxudicadas á empresa Cosmalca SL e contan cunha subvención da Deputación a través do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS), correspondente ao 2023. O importe deste contrato é de 258.902,49 € (IVE incluído) e o prazo de execución de tres meses.

Míriam Louzao, voceira do goberno municipal, explicou que se actuará sobre cinco vías con algo máis dun quilómetro de lonxitude (1.149,72 m) e que se vai renovar a pavimentación e a drenaxe de auga, así como ampliar a rede de abastecemento e instalar un prisma con tubaxes para o paso de futuros servizos.

Tamén no ámbito rural, a Xunta de Goberno aprobou o expediente para licitar a ampliación das redes de abastecemento e saneamento á rúa Nova da Igrexa, na parroquia de Laraño, unha obra cun orzamento base de 65.549,09 €, incluída no POS 2025, que terá un prazo de execución de catro meses.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620