Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Muíños propón un pacto local pola convivencia para abordar as preocupacións sobre a seguridade en Santiago

O concelleiro non adscrito propón crear unha mesa de diálogo con representantes veciñais, servizos sociais e corpos policiais

Gonzalo Muíños na sala de prensa de Raxoi
Gonzalo Muíños na sala de prensa de Raxoi
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O concelleiro non adscrito, Gonzalo Muíños, respondeu ás declaracións do subdelegado do Goberno, Julio Abalde, trala Xunta Local de Seguridade nas que asegurou que “Santiago ten índices obxectivos de criminalidade que nos permiten estar relativamente tranquilos, pero somos sensibles tamén ás sensacións subxectivas da veciñanza”. 

Para Muíños, “a inseguridade que está denunciando a cidadanía non pode reducirse a unha sensación subxectiva” e pide “responsabilidade” nas declaracións públicas “porque a veciñanza non pode recibir a imaxe de que a clase política desoe a realidade que denuncian”.

“A agresión homófoba das últimas semanas non é subxectiva. Tampouco o foi o intento de asalto a unha vivenda en Vista Alegre. A pelexa con arma branca na Praza Roxa non é Intelixencia Artificial. As pelexas reincidentes no Toural tampouco. O intento de agresión a unha rapaza no casco histórico segue sen ser subxectivo. A agresión sexual que se produciu nun autobús é bastante grave. E a aparición de xiringas en Santa Marta tampouco debería tomarse a broma”, afirmou Muíños.

O edil considera que existen determinadas declaracións que non se deben realizar por responsabilidade institucional e advirte de que ignorar ou minimizar as preocupacións da cidadanía non contribúe a resolver os problemas. “A veciñanza está denunciando inseguridade. Entre o alarmismo que algúns queren crear interesadamente e a autocomplacencia doutros que non queren ver a realidade, debemos abordar esta cuestión desde o rigor que merece e desde o sentido común”, sinalou.

Nese sentido, Muíños lembrou que xa hai un ano as Non Adscritas propuxeron a creación dun Pacto Local pola Seguridade e a Convivencia para retirar esta cuestión da confrontación partidista e impulsar unha resposta compartida entre todas as forzas políticas con representación municipal. 

Unha iniciativa que volverá levar ao vindeiro Pleno co obxectivo de acadar acordos que permitan poñer en marcha medidas concretas nacidas do consenso e da escoita activa da cidadanía.

Ademais, aposta pola creación dunha mesa de diálogo permanente na que estean representados os veciños e veciñas, o persoal técnico dos servizos sociais e básicos e os tres corpos policiais con presenza na cidade.

O obxectivo sería analizar a situación de maneira continuada, trasladar información e ferramentas á cidadanía e anticiparse aos problemas antes de que acaden unha maior dimensión.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620