Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Máis de 500 escolares participan en Santiago na VIII Gala da Seguridade Viaria organizada pola Policía Local

O Auditorio de Galicia acolleu o peche das actividades de Educación Viaria do curso, coas intervencións da alcaldesa, Goretti Sanmartín, e do concelleiro Xan Duro

0 2_0
Máis de 500 alumnos e alumnas de centros educativos de Santiago participaron na VIII Gala da Seguridade Viaria celebrada no Auditorio de Galicia
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Máis de 500 rapaces e rapazas dos centros educativos de Santiago participaron esta mañá na VIII Gala pola Seguridade Viaria, organizada pola Policía Local como peche ás actividades de Educación Viaria que se desenvolven ao longo de todo o curso. No acto participaron a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro.

A Gala pola Seguridade Viaria xuntou no Auditorio a boa parte do alumnado que participou nas actividades impulsadas pola Policía Local ao longo de todo o curso para ensinarlles aos e ás escolares como deben actuar correctamente como peóns ou ciclistas, e garantir que nun futuro sexan conductores e conductoras responsables. Nas súas intervencións, tanto a alcaldesa como o concelleiro de Convivencia animaron aos nenos e nenas “non só a cumprir cos sinais e coas normas, senón tamén a exercer un labor de sensibilización coas súas familias para promover comportamentos correctos na vía pública”.

VIII Gala pola Seguridade Viaria
Durante o acto entregáronse premios do concurso de debuxo e diplomas do programa de Educación Viaria da Policía Local de Santiago
Concello de Santiago

No acto fíxose entrega dos premios do concurso de debuxo organizado pola Policía Local, así como dos diplomas acreditativos aos nenos  nenas que fixeron parte do programa de Educación Viaria. Ademais, os nenos e nenas asistiron a un espectáculo teatral a cargo da compañía Gazafellos.

A Gala pola Seguridade Viaria serviu tamén para recoñecer o traballo de Maxi Viaño Marcos, policía local do departamento de Educación Viaria que se xubila este ano.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620