Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín destaca a mellora da conectividade aérea de Santiago con 17 conexións internacionais e novas rutas

A alcaldesa reivindica o traballo de Turismo de Santiago e reclama coordinación no sistema aeroportuario galego mentres defende unha xestión do turismo baseada na convivencia e sustentabilidade

Vista aérea del Aeropuerto de Santiago
A alcaldesa de Santiago valorou o incremento de conexións internacionais do aeroporto compostelán e a evolución da oferta aérea durante o mes de xuño
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín puxo o foco durante unha rolda de prensa en que, co inicio do mes de xuño, o aeroporto "foi noticia case cada día polo inicio de novas conexións aéreas” e nomeou os novos voos a Nova York, Xerez, Ámsterdam e Cork e o incremento de frecuencias a Dublín ou Frankfut. “Temos neste momento 17 conexións internacionais con 74 frecuencias e cunha diversidade de compañías”, valorou.

Nese sentido, considerou que esta mellora da conectividade do aeroporto compostelán é “o resultado do traballo, intenso e continuado, que se veu facendo desde Turismo de Santiago, en solitario” e volveu demandar coordinación e impulso para o conxunto do sistema aeroportuario galego. “Fronte ao ruído, o que dá resultado é o traballo; un traballo con obxectivos moi claros e compartidos pola maioría da veciñanza: a convivencia e a sustentabilidade do turismo”, valorou.

No tocante ao turismo, aludiu á xuntanza que o Concello impulsou o xoves con Arcebispado e Turismo de Galicia, na que se acordou crear unha comisión técnica para ordenar os fluxos de acceso á Catedral. Tamén á presenza do Concello no encontro sobre turismo organizado polo grupo Galabra, no que se constataron as principais preocupacións da veciñanza e o interese por preservar os valores culturais, patrimoniais e comunitarios "que fan de Santiago un bo lugar para vivir e un bo lugar para visitar".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620