Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Un estudo en Santiago desmonta mitos sobre o turismo: máis do 77% dos visitantes non son peregrinos

A investigación analiza poboación, comercio e visitantes e revela unha cidade onde o turismo non é maioritariamente do Camiño e onde hai amplo rexeitamento á turistificación do casco histórico

A investigación de Galabra- USC analiza as dinámicas do turismo en Santiago de Compostela a partir de enquisas a visitantes, comerciantes e poboación local
A investigación de Galabra- USC analiza as dinámicas do turismo en Santiago de Compostela a partir de enquisas a visitantes, comerciantes e poboación local
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

“Para deseñar o futuro de Santiago de Compostela, debemos abandonar as suposicións e escoitar os datos que definen a interacción real destas tres forzas: a poboación local, o comercio e as persoas visitantes”. Baixo esta premisa a Rede Galabra de Estudos na Cultura, da que forma parte profesorado da USC, acaba de presentar os resultados dunha investigación que revela as dinámicas do turismo na capital galega a partir de enquisas a estes tres colectivos, propiciando, como ben indica o título do estudo, “unha radiografía a tres voces”.

Visitantes

“O turismo que enche as nosas rúas non é Camiño”, salienta o estudo. De feito, nas enquisas realizadas a visitantes entre agosto de 2022 e xullo de 2023 desmonta a idea de que todo o turismo en Santiago é froito da peregrinaxe. Máis do 77% das persoas enquisadas non son peregrinos, fronte ao 22,7% que si o son.

Con respecto á idea preconcibida que albergaban da cidade e a que obteñen unha vez realizada a visita, o estudo constata que a persoa visitante “descobre unha cidade humana e acolledora, valorando a súa escala e vida real máis aló das grandes pedras monumentais”.  A Catedral e a súa contorna monopolizan a maioría do turismo. Con todo, os e as visitantes consideran maioritariamente que a zona vella non é un barrio real, senón “un espazo deshabitado”. Cando se lles pregunta por que opinan deste xeito, a  maioría responde que polo elevado prezo da vivenda, seguido do turismo e da incomodidade e o ruído. Neste senso, a investigación atopa unha correlación clara: “se o turismo e o espazo expulsan ao veciño, o turista percibe un barrio pantasma”.

No relativo ao seu vínculo co comercio local, a análise evidencia que o turista consome e mira vitrinas pero faino mentres deambula, non como obxectivo previo. “O turista chega cegado polo mito, non sabe relacionarse con nós, pero ten os petos e a mente abertos á nosa artesanía, aos nosos espazos e á nosa opinión”, destacan.

Comerciantes e poboación local

Nas enquisas realizadas entre novembro e decembro de 2023, constatouse unha “sensación xeralizada” de que o casco histórico sobrevive grazas ao turismo.  De feito, máis da metade dos comerciantes sinalan que o visitante gasta máis cartos que as persoas locais. Porén, os datos evidencian outra realidade. O 58,5% dos comercios viven maioritariamente do comercio local. A única diferenza estriba no volume de gasto realizado: unha media de 25 euros diarios por parte dos turistas, fronte aos 20 euros diarios dos habitantes locais. Ademais, o 95,5% rexeita converter a zona vella nun espazo só para turistas.

Pola súa parte, algo máis do 51% da poboación compostelá preferiría outro modelo de turismo. Así o reflicten os resultados das enquisas realizadas entre marzo e maio de 2024. Ademais existe un enorme consenso local respecto de que a zona vella non debe destinarse só ao turismo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620