Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello de Santiago require á empresa adxudicataria que axilice o reinicio das obras de García Lorca tras o atraso previsto

O goberno local advirte das consecuencias contractuais do incumprimento da data de inicio e sinala que aínda hai marxe para cumprir os prazos da reurbanización, prevista ata abril de 2027

A alcaldesa de Santiago informou do envío dun requirimento formal á empresa responsable das obras de reurbanización da rúa de García Lorca debido aos atrasos no inicio dos traballos
A alcaldesa de Santiago informou do envío dun requirimento formal á empresa responsable das obras de reurbanización da rúa de García Lorca debido aos atrasos no inicio dos traballos
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, informou hoxe de que o Concello enviou esta semana un requirimento formal á empresa adxudicataria da obra de reurbanización integral da rúa de García Lorca no que lle advirte das consecuencias contractuais dos atrasos.

Así o fixo despois de constatar o incumprimento da data de reinicio prevista, o 1 de xuño, e ante a preocupación pola demora e as súas consecuencias par a veciñanza. Con todo, a rexedora indicou que “hai tempo suficiente para retomar os traballos e que a obra vaia en prazo”, xa que o prazo de execución remata o 22 de abril de 2027.

Goretti Sanmartín lembrou que unha vez asinado o novo contrato o pasado 11 de maio e a acta de reinicio o 25 de maio, as obras poderían comezar inmediatamente en canto a empresa presentase o plan de seguridade, o plan de residuos e o plan de desenvolvemento dos traballos. Engadiu que os dous primeiros documentos están entregados, mais da planificación de traballo só consta por agora un borrador sobre o que a dirección da obra requiriu correccións, non entregadas aínda.

Nese borrador, a empresa prevía recomezar o día 1 de xuño e nas semanas previas producíronse movementos de acopio de materiais. O Concello contactou reiteradamente para requirir o plan de traballo definitivo e realizou unha visita o luns pasado, na que se constatou que a empresa non retomou os traballos.

“Por iso, alén de todos os contactos técnicos, desde a dirección externa e desde a supervisión do departamento municipal, eu mesma falei cos responsables da empresa para recalcar a importancia de que se axilice todo o posible o reinicio”, indicou a alcaldesa, quen reflexionou sobre a frecuencia dos atrasos nas obras públicas e sobre o carácter garantista e burocrático da normativa de contratos, que “non resulta todo o eficaz que debera”.

A esta situación súmanse circunstancias que concorreron nesta obra, como a aparición dunha canalización de fibrocemento do alumeado público que obrigou a modificar o proxecto, cun sobrecusto de 110.000 euros, e paralizar as obras durante a tramitación. Tamén o retraso que supuxo previamente a rescisión do contrato por abandono da adxudicataria na licitación realizada no mandato anterior, así como a infradotación inicial do proxecto deseñado en 2020, que tivo que incrementar o seu orzamento en 250.000 euros.

“Entendemos que a suma de todas estas cuestións esixen moita paciencia por parte da veciñanza, á que lle agradecemos a comprensión”, destacou Goretti Sanmartín. Neste sentido, remarcou a disposición do Concello por manter informados a veciños e veciñas en todo momento, tanto a través da asociación como con reunións con todo o barrio. “Compartimos o seu malestar”, afirmou.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620