Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello de Santiago aproba unha Oferta de Emprego Público con 41 prazas para 2026

A OEP inclúe 35 prazas de quenda libre e 6 de promoción interna, con reforzos en Policía Local, bombeiros, administración e servizos municipais

O Boletín Oficial da Provincia publica a Oferta de Emprego Público do Concello de Santiago para 2026, que recolle un total de 41 prazas
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe o anuncio da Oferta de Emprego Público (OEP) do Concello de Santiago de Compostela 2026, que foi aprobada polo goberno local compostelán o pasado luns. Esta oferta inclúe un total de 41 prazas: 35 de quenda libre e 6 de promoción interna.

Dentro da quenda libre, aprobáronse 11 prazas para Administración Xeral, 7 prazas para Administración Especial e 17 prazas para Policía Local e Servizo de Extinción de incendios.

As prazas de Administración Xeral distribúense en 7 para persoal administrativo C1, 3 para técnicas ou técnicos de xestión A2 e unha para técnico ou técnica A1.

En canto á Administración Especial, hai unha praza de quenda libre para técnico/a  de comunicación A1, outra para técnico/a de deportes A2, dúas para traballador/a social A2, dúas para operario/as de servizos múltiples C2 e unha para oficial xardineiro/a C2.

Tamén 10 prazas de policía (tres delas por mobilidade interadministrativa) e 7 prazas de bombeiro ou bombeira condutor/a especialista, todas elas do grupo C1.

Promoción interna

Pola quenda de promoción interna, as seis prazas distribúense en dúas de inspector/a A2, unha de oficial C1, unha de delineante B, unha de responsable de xardíns da unidade de parques e xardíns B e unha para persoa encargada de vías e obras C1. Todas elas corresponden a Administración Especial.

O prazo máximo para a convocatoria das prazas é de tres anos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620