Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Concello, Arcebispado e Turismo de Galicia avanzan nun sistema para ordenar os fluxos de acceso á Catedral de Santiago

Crearase unha comisión técnica para analizar solucións tecnolóxicas e físicas que permitan reducir colas e mellorar a xestión de visitantes na contorna da Quintana e Praterías

Representantes institucionais e da Catedral acordaron constituír unha comisión técnica para estudar medidas de ordenación dos fluxos de acceso ao templo
Representantes institucionais e da Catedral acordaron constituír unha comisión técnica para estudar medidas de ordenación dos fluxos de acceso ao templo
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Arcebispado acolleu esta mañá unha xuntanza entre Concello, Arcebispado e Turismo de Galicia co obxectivo principal de analizar distintas posibilidades de ordenación de fluxos de entrada á Catedral, incluíndo información sobre os tempos de espera para acceder que tamén contribúa a reducir as colas no exterior do edificio.

No encontro falouse de distintos sistemas tecnolóxicos que estaría en disposición de implantar o Concello e de estudos de afluencia de visitantes que xa ten realizado o Arcebispado, coa idea de combinar tanto dispositivos tecnolóxicos como físicos. Para estudar a viabilidade dos diferentes sistemas, así como o deseño dos fluxos en relación a todos os elementos que operan na contorna da praza da Quintana e da praza de Praterías, decidiuse crear unha comisión técnica que incluirá diferentes perfís vinculados co patrimonio e a mobilidade, co obxecto de darlle solución a unha demanda histórica tanto da veciñanza compostelá como das persoas visitantes.

Na xuntanza, ademais da concelleira de Turismo, Míriam Louzao, do deán da Catedral, Manuel Jesús Formoso, e do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, tamén participaron o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, o director da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa, o canciller da Arquidiocese de Santiago, Elisardo Temperán, e o coordinador de seguridade da Catedral, Ricardo Sanz.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620