Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Os sectores da discapacidade, menores e educación infantil levan as súas reivindicacións ata San Caetano

Sindicatos e traballadores denuncian precariedade laboral, baixos salarios e ratios abusivas, e reclaman á Xunta unha reunión para atender as súas demandas

2026-06-03_mani_discapacidade_menores_0-3020
A mobilización puxo o punto final a tres xornadas reivindicativas, despois de que durante os dous días anteriores se desenvolvesen caravanas de vehículos para visibilizar as súas demandas
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

As protestas dos sectores da discapacidade, menores e educación infantil (0-3 anos), convocadas polos sindicatos CIG, CUT e SNEP, chegaron este mércores ata a sede da Xunta de Galicia en San Caetano, Santiago de Compostela, para reclamar melloras laborais e denunciar a situación de precariedade que, segundo afirman, sofre o sector.

A mobilización puxo o punto final a tres xornadas reivindicativas, despois de que durante os dous días anteriores se desenvolvesen caravanas de vehículos para visibilizar as súas demandas. Segundo os sindicatos, arredor de 6.000 profesionais dos centros privados de discapacidade, menores e educación infantil traballan en condicións laborais precarias e reclaman avances salariais, laborais e sociais.

Á protesta sumáronse tamén unhas 2.000 traballadoras das escolas infantís dependentes da Xunta, coincidindo cunha xornada de folga. Trátase dun sector altamente feminizado que denuncia ratios excesivas, baixos salarios e unha falta de recoñecemento ao labor que desempeña.

Os manifestantes denunciaron tamén a existencia de ratios que consideran abusivas e acusaron á Administración, que subvenciona estes centros, de manter unhas condicións laborais que cualifican de precarias, chegando mesmo a equiparalas cunha situación de “explotación laboral”.

O portavoz da CIG, Henrique García, lamentou a falta de resposta por parte da Xunta e criticou que os representantes dos traballadores non fosen recibidos para trasladar as súas reivindicacións. “É moi triste e vergoñento que non nos atendan. Que menos que recibirnos”, afirmou durante a mobilización.

Na marcha, os asistentes reclamaron a dimisión da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e puxeron o foco nos baixos salarios do sector, asegurando que moitos profesionais teñen dificultades para chegar a fin de mes. Entre as consignas máis coreadas figuraron lemas como “Convenios aquí e non en Madrid” e “A loita é o único camiño”, en defensa dunhas condicións laborais dignas e dunha atención de maior calidade nos sectores da discapacidade, menores e educación infantil.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620