Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Maker Faire Galicia celebra a súa XII edición cunha xornada dedicada ao emprendemento e a innovación social

A primeira das tres sesións terá lugar o sábado en Área Central cun programa de obradoiros, charlas e máis de 150 makers participantes

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude presentou a XII edición da Maker Faire Galicia
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude presentou a XII edición da Maker Faire Galicia
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O próximo sábado, 6 de xuño, celebrarase a primeira das tres xornadas da Maker Faire Galicia, que chega á súa XII edición consolidada como evento de referencia do ámbito da innovación, non só en Galicia senón no conxunto do Estado.

A cita será en Área Central, cunha programación pensada para públicos de todas as idades na que non faltarán os obradoiros para o público infantil, as ponencias e, sobre todo, os postos dos máis de 150 makers que xa teñen confirmada a súa participación.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a XII edición da Maker Faire Galicia, nunha rolda de prensa na que tamén participaron Rosa Méndez, directora da área de Innovación do IGAPE; Marta Mariño, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia; e Enrique Saavedra, cofundador e coorganizador da Maker Faire.

A tenenta de alcaldesa salientou que a Maker Faire “é un evento máis que consolidado, referente a nivel internacional e que segue sumando visitantes en cada edición, con máis de 10.000 na do ano pasado”. Tamén puxo en valor “o compromiso e a conciencia social deste evento, que unha vez máis pón o foco no uso da tecnoloxía para mellorar a inclusión e a vida de colectivos como o das persoas con discapacidade”. María Rozas referiuse tamén á colaboración institucional que fai posible a celebración da Maker Faire, e tendeu a man do Concello de Santiago “para seguir fortalecendo este evento do que todas nos sentimos profundamente orgullosas e coa que empezamos a colaborar desde a primeira edición, cando o movemento maker ainda era algo que nos resultaba estraño”.

Na mesma liña pronunciáronse Rosa Méndez, directora da área de Innovación do IGAPE; e Marta Mariño, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta. Ambas salientaron que a Maker Faire permite darlle visibilidade ao talento e a innovación que vai intrínseca a Galicia, e é unha boa oportunidade para avanzar no obxectivo de que ese talento se convirta en novas empresas e oportunidades de emprego.

Xornada do Emprendemento e a Innovación Social

Enrique Saavedra, encargado de dar conta da programación da primeira das xornadas da Maker Faire, salientou que “o evento está nun punto de madurez e consolidación que nos permite centrarnos naquilo que xera máis impacto real e a curto prazo na sociedade, na innovación social, no emprendemento ou na economía circular”. Tamén puxo o acento na internacionalización da feira “á que cada ano se suman makers de países novos, nesta edición coa gran novidade de Turquía entre os expositores”.

Tal e como explicou Enrique Saavedra, os contidos da xornada do sábado están pensados para persoas de todas as idades e de diferentes perfís. Así, haberá obradoiros relacionados coa ciencia, a arte, ou a realidade virtual; e mostraranse proxectos maker que demostran a importancia de compartir coñecemento e como é posible mellorar a vida da xente desde a tecnoloxía. En canto ás charlas inspiradoras, este ano participarán ponentes como Mar Benavides, coordinadora do festival solidario para persoas desprazadas “Nos seus pés no Grove”; Pablo Núñez, que presentará un proxecto tecnolóxico innovador que permite achegar a sociedade á realidade cotiá das persoas con Parkinson; ou a Asociación Misela, que persentará o seu proxecto de transformación de residuos plásticos recollidos no mar no que participan persoas con discapacidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620