Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Compostela abre o prazo de inscrición para establecementos que queiran participar en 'Compostela Diversa'

A campaña municipal pola diversidade LGBTIQ+ desenvolverase do 10 ao 30 de xuño e incluirá actividades culturais, accións de visibilización e a Gala do Orgullo o día 27

O Concello de Santiago abriu este luns o prazo de inscrición para comercios, bares, aloxamentos e outros establecementos interesados en participar na campaña
O Concello de Santiago abriu este luns o prazo de inscrición para comercios, bares, aloxamentos e outros establecementos interesados en participar na campaña
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Hoxe luns comeza o período de inscrición para os establecementos (comercios, bares, aloxamentos) que queiran sumarse a unha nova edición de Compostela Diversa, programa que ademais incluirá faladoiros, roteiros, actividades artísticas, intervencións no espazo público e unha campaña de difusión e concienciación sobre a realidade LGBTIQ+ nos establecementos.

Compostela Diversa naceu en 2018 para facer de Santiago un referente da diversidade sexual e de xénero en Galicia, e contribuír así ao avance na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo LGBTIQ+. É unha iniciativa do Concello de Santiago impulsada a través da Concellaría de Igualdade,  coa participación da Concellaría de Comercio e de Turismo de Santiago, que conta co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración especial do Mercado de Abastos.

Esta sexta edición de Compostela Diversa celebrarase do 10 ao 30 de xuño, cun programa de actividades que se presentará nos vindeiros días e que terá como acto principal a Gala do Orgullo o 27 de xuño.

De xeito complementario a estas actividades, ata 300 establecementos comerciais, hoteleiros e hostaleiros da cidade vestiranse coas cores de Compostela Diversa, a través de distintos elementos como distintivos, postais, mandís e, como novidade, vinilos con mensaxes LGBTIQ+, dentro dunha campaña de difusión e visualización da diversidade. Todos os establecementos interesados en participar poden adherirse desde hoxe luns 1 de xuño ata o mércores 10 de xuño no mail Compostela_Diversa@santiagoturismo.com

Tamén, un ano máis, para visibilizar os valores de Compostela Diversa, Turismo de Santiago colocará iluminación e decoración en espazos públicos destacados como a Alameda (Porta Faxeira, as Dúas Marías e o Eucalipto dos Namorados) e a praza Roxa.

Ademais, no Paseo dos Leóns da Alameda instalarase un Arco de Cores de grandes dimensións para que tanto as persoas residentes en Santiago como as persoas que visitan a cidade estes días poidan tomarse unha fotografía coas cores da diversidade coa vista da cidade histórica e da Catedral no fondo. Tamén se vestirán de cores LGBTIQ+, entre outros, a rúa das Ameas, na que está o Mercado de Abastos, o segundo lugar máis visitado despois da Catedral. Esta iluminación e decoración especiais estarán visibles desde o 10 ata o 30 de xuño.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620