Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC nomea doutora e doutor honoris causa a Yara Frateschi Vieira e Ramón López de Mántaras

O Consello de Goberno recoñece a traxectoria académica e científica de ambos docentes, vinculados á investigación en filoloxía galego-portuguesa e intelixencia artificial

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou o nomeamento de dous novos doutores honoris causa
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou o nomeamento de dous novos doutores honoris causa
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Consello de Goberno acordou este venres o nomeamento como doutora e doutor honoris causa da profesora Yara Frateschi Vieira, proposta polo Departamento de Filoloxía Galega, e do profesor Ramón López de Mántaras, proposto polo Departamento de Electrónica e Computación, e designar como padriños aos profesores María Isabel Morán Cabanas e Senén Barro Ameneiro, respectivamente.

Ramón López de Mántaras é profesor investigador emérito do Centro Superior de  Investigaciones Científicas (CSIC) e foi fundador e director do Instituto de Investigación de Intelixencia Artificial (IIIA), un centro de referencia estatal e internacional no ámbito da IA. Na súa traxectoria académica e científica  destaca tamén a estreita colaboración coa USC, en particular co Centro Singular de Investigación  en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), do que é membro da súa Comisión Científica Externa desde a súa creación e que actualmente preside.

Como director do IIIA do CSIC, o profesor López de Mántaras colaborou moi activamente no deseño da rede europea NL4XAI ‘Tecnoloxías da Linguaxe Natural Interactivas para a Intelixencia Artificial Explicable’, a través da que o CiTIUS coordina unha vintena de universidades e empresas de  seis países europeos, entre elas o propio IIIA.

Pola súa banda, Yara Frateschi Vieira foi profesora da UNICAMP brasileira, na que  desempeñou varios cargos administrativos: coordinadora da Graduación en Letras, membro da dirección da editora da UNICAMP e presidenta da Comisión de Tempo Integral. As súas contribucións son fundamentais para o coñecemento do patrimonio cultural medieval galego portugués no ámbito da poesía e historiografía medievais.

Destaca da profesora Frateschi o seu estreito vínculo coa Universidade de Santiago, particularmente coa Facultade de Filoloxía: foi a primeira profesora brasileira lectora de Portugués no  Departamento de Filoloxía Galega, entre os anos 1999 e 2001, foi coorientadora de dúas teses de doutoramento e integra e integrou diversos equipos de investigación con grupos e IP da USC.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620