Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago acollerá en xuño unhas xornadas sobre espolio patrimonial e o caso das estatuas do Mestre Mateo

‘Arte e Espolio’, enmarcado en ‘Compostela é Memoria’, analizará procesos de restitución cultural con sesións abertas no Museo do Pobo Galego

29/05/2026 19:00
As xornadas celebraranse os días 6, 11 e 17 de xuño no auditorio do Museo do Pobo Galego con entrada libre ata completar aforo e emisión por streaming
As xornadas celebraranse os días 6, 11 e 17 de xuño no auditorio do Museo do Pobo Galego con entrada libre ata completar aforo e emisión por streaming
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou este venres as xornadas ‘Arte e Espolio. En torno ás estatuas do Mestre Mateo’, que se enmarcan na programación municipal ‘Compostela é Memoria’, en colaboración co Museo do Pobo Galego, e que abordarán a cuestión do lugar no que deben ficar as estatuas de xeito permanente.

Esta actividade terán lugar no auditorio Museo do Pobo Galego en tres sesións no mes de xuño: o sábado 6, o xoves 11 e o mércores 17, con entrada aberta e de balde ata completar aforo e retransmisión por streaming.

A rexedora reivindicou que “a idea é situar Santiago de Compostela como espazo de referencia no debate contemporáneo sobre patrimonio en conflito, memoria histórica e investigación aplicada á cultura”. Por isto, sinalou que a volta a Compostela das figuras mateanas arrebatadas ilexitimamente pola familia Franco supuxo un triunfo colectivo e un fito histórico, así como a recuperación do Pazo de Meirás, que “non pode ser un feito illado, senón que debe ser o primeiro chanzo para acadar a restitución de todos os bens espoliados”.

Nesa liña, Sanmartín lembrou que o Concello vén de ampliar a exposición temporal das esculturas de Abraham/Xeremías e Isaac/Ezequiel no Museo do Pobo Galego e de programar visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o valor histórico e artístico destas dúas pezas, e abre agora un marco de reflexión e debate con estas xornadas.

A alcaldesa avanzou que parte da reflexión situará o caso das esculturas mateanas nun contexto internacional, a través da análise de procesos de espolio patrimonial ligados a conflitos bélicos e contextos autoritarios, así como aos procesos de restitución e reparación na actualidade. Mais tamén se dedicarán outras sesións a analizar os casos doutros bens espoliados moi significativos de Galicia, como a Casa Cornide, o Pazo de Meirás, as esculturas do Mosteiro de Carboeiro e as columnas de San Paio de Antealtares.

Tres xornadas

As xornadas comezarán o sábado 6 ás 10.00 horas cunha benvida institucional e incluirá dúas conferencias. A primeira leva por título ‘O espolio nazi’, a cargo do catedrático de Historia Política e Social Miguel Martorell, quen analizará o funcionamento da gran maquinaria depredadora dirixida por Adolf Hitler e Hermann Goering, e integrada por directores de museos, galeristas, funcionarios, militares e especuladores. “Lonxe do amor á arte, moitos deles actuaron polo afán de poder e ánimo de lucro, impulsando a violencia e a corrupción; tamén explicará que papel desempeñou o franquismo na dispersión dos bens saqueados”, indicou Sanmartín.

A segunda conferencia, ‘O espolio artístico no Franquismo’, correrá a cargo do catedrático e profesor emérito de Arte e Comunicación Arturo Colorado, autor de estudos de referencia sobre o patrimonio como botín de guerra, ferramenta de propaganda mecanismo de lexitimación política. A súa achega permitirá abordar o espolio como política de Estado, a circulación e diáspora das obras, a construción de relatos lexitimadores e o papel da investigación histórica e do arquivo como proba institucional.

A continuación, o xoves 11 ás 16.30 terá lugar a xornada ‘Galicia, espazo de recuperación patrimonial’e o mércores 17 ás 16.30 horas, ‘As estatuas do Mestre Mateo’.

Sobre esta última sesión, a rexedora sinalou que se ben o Concello é o propietario das estatuas, a súa vontade é escoitar o que poidan dicir outras institucións e entes de relevancia. A xornada abordará a situación das dúas estatuas recuperadas tanto desde a perspectiva xurídica, como a histórico-artística e tamén a respecto do seu emprazamento definitivo, “atendendo sempre ao criterio de que debe ser un espazo visitable e aberto ao público e que reúna condicións axeitadas de conservación”, afirmou a alcaldesa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620