Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Casa do Cabido acolle unha xornada de pintura en directo desde os balcóns este sábado

As artistas do colectivo LUCET crearán en vivo na praza das Praterías no marco da exposición ‘A alma de Compostela’, visitada xa por preto de 19.000 persoas

Xornada de pintura en directo na Casa do Cabido dentro da programación vinculada á exposición ‘A alma de Compostela’
A actividade desenvolverase este sábado 30 de maio entre as 11.00 e as 14.00 horas na Casa do Cabido
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Casa do Cabido converterase este sábado 30 de maio nun singular estudio artístico aberto á cidadanía coa celebración dunha xornada de pintura en directo desde os balcóns do histórico edificio compostelán. A actividade desenvolverase entre as 11.00 e as 14.00 horas no marco da exposición 'A alma de Compostela: un percorrido en acuarela e fotografía', organizada polo Consorcio de Santiago.

As artistas do colectivo LUCET Dolores Mato Gómez, Rosario Puente Vázquez, Melania Gómez Barral e María José Puente Vázquez realizarán as súas creacións en vivo desde os balcóns da Casa do Cabido, nunha proposta pouco habitual que permitirá ao público observar o proceso artístico en diálogo directo coa contorna urbana e patrimonial da praza das Praterías.

A iniciativa forma parte das actividades vinculadas á mostra 'A alma de Compostela: un percorrido en acuarela e fotografía', inaugurada o pasado mes de marzo e visitada xa por preto de 19.000 persoas. A exposición reúne obras do colectivo artístico LUCET e propón unha lectura visual de Santiago de Compostela a través da acuarela, a fotografía, o pastel e o óleo, configurando unha mirada colectiva sobre a cidade desde os seus espazos, a súa memoria e a experiencia cotiá.

A mostra poderá visitarse ata o 21 de xuño na Casa do Cabido, con entrada de balde, en horario de martes a sábado de 10:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h, e domingos de 11.00 h a 14.00 h.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620