Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Hanna Suchocka, primeira muller en liderar o Goberno de Polonia, gaña o XXX Premio Internacional Grupo Compostela–Xunta de Galicia

O xurado destaca a súa traxectoria académica, política e o seu compromiso cos valores democráticos e os dereitos humanos

O premio será entregado o 14 de setembro na Universidade Adam Mickiewicz de Poznań, institución de orixe da galardoada
O premio será entregado o 14 de setembro na Universidade Adam Mickiewicz de Poznań, institución de orixe da galardoada
Consello de Europa
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

XXX Premio Internacional Grupo Compostela–Xunta de Galicia recae este ano en Hanna Suchocka, unha figura que, segundo coincidiu o xurado, “formará parte da historia por combinar á perfección a vertente académica coa socio-política en prol da defensa firme dos valores humanos”. Suchoka foi a primeira muller que ocupou o cargo de primeira ministra en Polonia (1992), nun momento decisivo para a transición do país cara a un sistema democrático que necesitaba consolidar institucións, leis e prácticas políticas propias dun Estado de Dereito. A entrega do galardón terá lugar o 14 de setembro na Universidade Adam Mickiewicz de Poznań, institución de orixe de Hanna Suchocka.

A decisión do xurado, reunido o pasado 21 de maio, foi unánime ao recoñecer toda unha vida dedicada á investigación, a docencia universitaria, a acción política e o activismo pacifista, ámbitos nos que Suchocka deixou unha pegada profunda e duradeira. “A gañadora representa o valor simbólico e real dunha figura que abriu camiños ás mulleres en roles de mando, e a súa carreira transcorreu moi en liña cos valores do Camiño de Santiago, sendo unha precursora na defensa da democracia", subliñou a presidenta do Grupo Compostela de Universidades (GCU), Carla Martins.

Pola súa parte, para a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, puxo o foco na dimensión humana e social da premiada, lembrando que “o seu compromiso coa democracia fixo dela unha adiantada que transcendeu do académico ao social". A reitora da Universidade Nacional Maior de San Marcos, Jeri Ramón, destacou pola súa banda a figura da premiada,  “especialmente importante para todas as mulleres, pola relevancia do seu labor, pola súa procedencia investigadora e polo seu activismo nun mundo que continúa a ser moi machista”. Coincidiu con elas o reitor da Universidade Politécnica de Cartagena, Mathieu Kessler, para quen Suchocka "combina a excelencia académica co activismo ao servizo da sociedade a través do seu papel político, unha síntese que explica a influencia internacional e o impacto duradeiro da actuación da gañadora na política e na sociedade”.

Os membros do xurado en representación da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades, e Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura, salientaron a dimensión histórica de Suchocka caracterizado por un estilo de liderado moi unido ao compromiso ético, “o que resultou determinante para a concesión unánime do premio”. Estas palabras recolleron tamén o sentir do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, presidente do xurado.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620