Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Curtocircuíto adianta a súa programación con focos en Lawrence Lek e Gala Hernández López

O festival compostelán explorará a ficción especulativa e as novas narrativas dixitais entre o 30 de xuño e o 5 de xullo

O festival levarase a cabo en Santiago do 30 de xuño ao 5 de xullo
O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto adianta parte da programación da súa 23ª edición
Curtocircuíto
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, que terá lugar entre o 30 de xuño e o 5 de xullo en Santiago de Compostela, adianta a primeira parte da programación da súa vixésimo terceira edición coa presentación de dous focos dedicados a dúas das voces máis singulares do audiovisual contemporáneo: Lawrence Lek e Gala Hernández López. A través da ficción especulativa, a simulación dixital ou o desktop documentary, ambos cineastas analizan as transformacións tecnolóxicas, políticas e afectivas do presente.

Lawrence Lek, artista, cineasta e músico nacido en Frankfurt en 1982, desenvolve unha obra situada entre o cinema, os videoxogos e a instalación inmersiva. As súas pezas imaxinan futuros marcados pola automatización e o dominio do algoritmo, convertendo intelixencias artificiais, cidades intelixentes ou corporacións ficticias nos protagonistas das súas narracións.

O foco dedicado ao autor estrutúrase en dúas sesións de proxeccións e dúas charlas. A primeira das proxeccións, 'Introdución ás ficcións especulativas', reúne as pezas 'Nøtel', 'Nepenthe', 'Farsight Corporation Launch Trailer', 'Play Station' e '2065', títulos que introducen o universo corporativo e especulativo de Lek e exploran a construción de mundos virtuais como espazos narrativos.

A segunda sesión estará dedicada á súa celebrada saga 'Smart City Series', coas obras 'Black Cloud', 'Empty Rider', 'Guanyin' e 'NOX'profunda nos mundos ideados na primeira sesión. Nestes filmes, Lek propón paisaxes posteriores á civilización humana onde intelixencias artificiais errantes reflexionan sobre identidade, propósito ou soidade nun contexto de automatización total.

A visita de Lek completarase cunha charla, 'A metodoloxía de Lawrence Lek: sound & vision', arredor do seu proceso creativo como cineasta e produtor musical, na que afondará nas relacións entre deseño sonoro, imaxe dixital e construción de mundos virtuais, así como nas súas colaboracións con figuras como Kode9, Seth Scott u Oliver Coates. O artista participará ademais nun diálogo coa cineasta Gala Hernández López, 'Algoritmo sobrealimentado: un diálogo especulativo sobre un colapso anunciado', arredor do impacto das tecnoloxías contemporáneas, o capitalismo algorítmico e os futuros cara aos que parecen conducir as dinámicas sociais e afectivas do presente. Un encontro entre dúas miradas que, desde a ficción especulativa e a non ficción, exploran as crises que definen a era hiperconectada.

Pola súa banda, Gala Hernández López (Murcia, 1993) converteuse nunha das ensaístas máis relevantes da creación audiovisual contemporánea europea. O seu traballo investiga as comunidades dixitais e as novas formas de alienación, vulnerabilidade ou desexo que emerxen na internet.

O foco, Gala Hernández López: incels, criptotraders e outras fantasías virtuais, primeiro en Galicia cos seus catro títulos, dedicado á cineasta permitirá achegarse a obras fundamentais da súa traxectoria recente. 'La mecánica de los fluidos' (2022), recoñecida co Premio César da Academia Francesa, analiza as comunidades incel e as dinámicas de frustración, masculinidade e soidade que proliferan na rede. 'For Here Am I Sitting in a Tin Can Far Above the World' (2024) aborda as promesas de inmortalidade e transcendencia ligadas ás comunidades extropianas e á crioxenia. Pola súa banda, '+10K' (2025) mergúllase no universo dos criptotraders para observar os mecanismos de especulación e os desexos de enriquecemento rápido baixo o capitalismo de plataforma.

Ademais, a súa película máis recente, 'like moths to light' (2026), formará parte da Sección Oficial Cosmos de Curtocircuíto na que será a súa estrea en Galicia. O filme propón unha reflexión sobre o neurocapitalismo e as tecnoloxías destinadas a descodificar e monetizar o pensamento humano, levando a investigación da cineasta cara aos límites entre tecnoloxía, intimidade e control.

Ambos os autores participarán tamén nun encontro conxunto arredor do estado actual do mundo dixital e os futuros cara aos que parecen conducir as dinámicas tecnolóxicas contemporáneas. Os creadores actúan como arqueólogos das crises existenciais, políticas e afectivas que definen a nosa era hiperconectada.

Sedes e entradas

O festival mantén o modelo da pasada edición e combinará a súa programación nas sedes habituais coa presenza no espazo público de Compostela. Manteranse sedes como o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia, NUMAX ou a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e espazos clásicos como a praza da Quintana, a praza de Praterías, o parque da Alameda e as rúas da cidade.

O acceso ás actividades que teñan lugar no exterior, sexan proxeccións, performances ou concertos audiovisuais, será libre e gratuíto. As entradas para as sesións individuais de cinema no Teatro Principal e NUMAX terán un prezo de 4 €, mentres que os Live AV en interior custarán 7 €. Ademais, o festival ofrecerá un abono completo para as proxeccións no Teatro Principal e NUMAX por 25 €, dispoñible a través da plataforma en liña de Compostela Cultura e con recollida física posterior na Zona C. As sesións especiais e a programación nas prazas serán gratuítas, previa retirada de entrada nos casos indicados.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620