Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello restaura preto de 200 bancos na Alameda e prepara a reparación dos de Sargadelos

Sustentabilidade Ambiental avanza novas actuacións de mellora do mobiliario urbano en Fontiñas, Pontepedriña e outras zonas da cidade

Operarios municipais traballan na posta a punto e pintado dos bancos da contorna da Alameda, dentro do plan de renovación do mobiliario urbano de Santiago
Operarios municipais traballan na posta a punto e pintado dos bancos da contorna da Alameda, dentro do plan de renovación do mobiliario urbano de Santiago
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos, Xesús Domínguez, informou, aproveitando unha iniciativa presentada no pleno polas concelleiras Non Adscritas, de que nas últimas semanas se pintaron case 200 bancos na contorna da Alameda. Ademais, o departamento que dirixe encargou unha memoria para a reparación dos bancos de Sargadelos, tamén situados na Alameda, co obxectivo de restauralos proximamente e seguir afondando na renovación e reacondicionamento do mobiliario urbano.

Estas actuacións súmanse á renovación das madeiras e pintado de 40 bancos en todo o barrio das Fontiñas, ámbito no que está prevista a reparación doutros 43 bancos desta mesma tipoloxía que xa están contabilizados.

Cómpre lembrar que nas obras que o Concello está a executar recentemente e nas que están en marcha tamén se incluíu a renovación total do mobiliario. Así, no barrio da Pontepedriña estanse instalando bancos novos, duplicando os preexistentes, e tamén se instalaron novos asentos deste tipo nas rúas do Hórreo, Triacastela ou Almáciga. E tamén se continuará coa colocación de bancos noutras rúas como Mallou. O Concello ten unha partida específica de 23.000 nos orzamentos de 2026 para mobiliario de carácter urbano.

E neste sentido, Xesús Domínguez tamén lembrou que o Concello está a reflexionar e impulsar un novo modelo urbano para o Ensanche, que se formalizará en primeiro lugar coa redacción do proxecto para a rúa Santiago de Chile. O Concello lanzou unha enquisa para coñecer a opinión da veciñanza na que se preguntou especificamente polo mobiliario urbano. A esta enquisa responderon 551 persoas, das cales máis da metade defendeu a importancia de ampliar o espazo peonil e favorecer a interacción social con espazos para sentar. “Concordamos con estes criterios. Este é o modelo que tamén defendemos para o Conector Central, para o espazo que se liberará na parcela do antigo Peleteiro ou para outros proxectos que se están a redactar para transformar a cidade”, afirmou Domínguez.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620