Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O alumnado do IES Antonio Fraguas leva ao Teatro Principal o musical ‘CHÁMALLE Xe’

A proposta, con música en directo, danza e teatro, aborda a chamada “neutralidade ideolóxica” e poderá verse o 5 de xuño con entrada de balde

Alumnado do IES Antonio Fraguas presenta no Teatro Principal de Santiago o musical ‘CHÁMALLE Xe’
Alumnado do IES Antonio Fraguas presenta no Teatro Principal de Santiago o musical ‘CHÁMALLE Xe’
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O IES Antonio Fraguas, do barrio das Fontiñas, recunca de novo no Teatro Principal para representar o seu novo musical creado e interpretado polo alumnado do Bacharelato de Artes Escénicas e Musicais: ‘CHÁMALLE Xe’.

A concelleira de Capital Cultural e Educación, Míriam Louzao, convida a asistir a esta proposta escénica na que alumnas e alumnos de toda a comarca, incluíndo músicos, bailaríns, actores e cantantes, son os creadores deste espectáculo que xira, este ano, sobre a mal chamada neutralidade ideolóxica.

A través da música en directo, a poesía, a danza, o teatro e o canto coral, desenvólvese esta historia que vaga no limbo da indefinición ideolóxica. O espectáculo, dirixido polo departamento de música do centro, conta coa dirección escénica do dramaturgo Gustavo Dieste e cun cartaz diseñado pola artista Marisa Calderón. Foi arranxado e construído polo propio alumnado da man dunha pedagoxía transformadora coa que o estudantado aprende facendo, adquirindo os coñecementos coa experiencia práctica e a acción directa.

O IES Antonio Fraguas, pese a levar 21 anos con este bacharelato na comarca compostelá, carece de salón de actos propio para representar a variedade de espectáculos creados anualmente tanto nas materias de Artes Escénicas, como nas de Música ou Canto Coral. A colaboración do Concello de Santiago, a través da Concellería de Educación, permite representar coas debidas condicións técnicas e artísticas as producións interpretadas ao longo destes anos polos seus alumnos.

O espectáculo ‘CHÁMALLE Xe’ represéntase no Teatro Principal o venres 5 de xuño ás 20.00 horas con entrada de balde. Os convites poden retirarse desde o mércores 2 na Zona C, na Praza de Cervantes (Preguntoiro, 1) en horario de 11.00 a 15.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620