Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC acolle as xornadas RIFDE cun debate sobre o futuro do financiamento autonómico e o papel das universidades

A reitora Rosa Crujeiras reclama un financiamento universitario estable e vincula a reforma do sistema autonómico coas políticas públicas das próximas décadas

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolle ata este mércores as xornadas da rede RIFDE sobre financiamento autonómico
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolle ata este mércores as xornadas da rede RIFDE sobre financiamento autonómico
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

As Xornadas da Rede de Investigadores en Financiamento autonómico e Descentralización financeira en España (RIFDE) sobre finanzas autonómicas congregan anualmente especialistas, persoal académico e autoridades de distintos niveis de goberno para analizar en profundidade as finanzas autonómicas. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolleu este martes 26 o acto inaugural das xornadas RIFDE que se estenderán ata este mércores 27. A sesión estivo presidida pola reitora Rosa Crujeiras e no acto tamén participaron Miguel Corgos López-Prado, conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia; e Santiago Lago Peñas, en representación do comité organizador.

A reitora puxo o foco na reforma do sistema de financiamento autonómico, “un debate que determinará o rumbo dos nosos servizos públicos durante as próximas décadas”, destacou. Nese debate, continuou, “as universidades públicas deben ocupar un lugar central, non como unha partida residual do orzamento, senón como o investimento estratéxico que sostén o futuro do país”.

Neste senso, Rosa Crujeiras lembrou que na Ley Orgánica del Sistema Universitario (LOSU), aprobada en 2023, o artigo 55 sobre suficiencia financeira establece alcanzar o 1% do PIB en gasto público en universidades. “Non é unha aspiración retórica”, sinalou a reitora. “É un compromiso legal, democraticamente adoptado, que obriga aos poderes públicos a actuar”, engadiu. 

A reitora destacou que “cada euro investido en educación superior xera retornos económicos, sociais e científicos que multiplican o investimento inicial. As universidades públicas somos o motor da transferencia de coñecemento ás empresas, a orixe das patentes, o sementeiro das e os profesionais que o país necesita en sanidade, tecnoloxía, educación e cultura. Recortar ou estancar o seu financiamento non é austeridade responsable; é hipotecar a capacidade competitiva de España na economía do coñecemento”.

A Rede de Investigadores en Financiamento autonómico e Descentralización financeira en España (RIFDE) é unha plataforma de transferencia de coñecemento e de discusión sobre o Estado autonómico. Ademais do profesor Lago, completan o comité organizador os profesores da USC, María Cadaval e Xoaquín Fernández Leiceaga, ademais de Jorge Martínez-Vázquez da Georgia State University.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620