Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Traspielas pecha o ciclo Fiestra Aberta no Teatro Principal cunha proposta que une música, memoria e tradición oral

O novo proxecto de Su Garrido Pombo combina creación contemporánea, arquivos audiovisuais e música tradicional recollida na aldea do mesmo nome

O Teatro Principal de Santiago acollerá o 29 de maio o concerto de Traspielas, proxecto multidisciplinar de Su Garrido Pombo dentro do ciclo Fiestra Aberta
O Teatro Principal de Santiago acollerá o 29 de maio o concerto de Traspielas, proxecto multidisciplinar de Su Garrido Pombo dentro do ciclo Fiestra Aberta
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Teatro Principal acollerá o vindeiro venres 29 de maio o concerto de Traspielas, o novo proxecto artístico de Su Garrido Pombo, unha creación multidisciplinar que dialoga coa tradición oral, a memoria colectiva e a experimentación contemporánea. A cita, integrada no ciclo Fiestra Aberta, comezará ás 20.30 horas e servirá ademais para pechar o calendario de concertos deste primeiro semestre do programa.

Acompañada por Macarena Montesinos ao violoncello, Iago Ramilo ao saxo, Marco Maril na electrónica e Fran Rodríguez Casal nas artes visuais, Su Garrido Pombo constrúe unha peza escénica na que conflúen música, poesía e imaxe para reivindicar a cultura popular e a memoria viva das comunidades rurais. O proxecto toma como punto de partida cancións tradicionais recollidas na aldea de Traspielas, ás que se suman imaxes actuais e materiais de videoarquivo nunha proposta que conecta pasado e presente desde unha linguaxe artística actual.

A electrónica, a experimentación sonora, a música tradicional e a creación audiovisual conviven así nun espectáculo que procura dar nova vida a un patrimonio inmaterial transmitido xeración tras xeración. O resultado é unha obra que sitúa a comunidade no centro e que transforma os recordos, os relatos e os sons dunha aldea nun espazo de encontro colectivo e creación contemporánea.

O proxecto Traspielas preséntase en Santiago tras o seu paso polas Residencias Artísticas Mariñán e logo de ser seleccionado en encontros profesionais como o MUMi - Músicas no Minho ou o festival Maré.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620