Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Real Filharmonía revisita as súas raíces no penúltimo concerto da temporada 'Historias'

Amandine Beyer dirixe un programa que percorre as orixes da música orquestral europea e recupera unha obra presente no concerto inaugural da RFG hai 30 anos

A Real Filharmonía de Galicia interpretará esta semana no Auditorio de Galicia e no Círculo das Artes de Lugo o programa 'Orixes'
A Real Filharmonía de Galicia interpretará esta semana no Auditorio de Galicia e no Círculo das Artes de Lugo o programa 'Orixes'
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Real Filharmonía de Galicia presenta esta semana o programa 'Orixes', o penúltimo concerto da temporada 'Historias', baixo a dirección da violinista Amandine Beyer, artista residente. O programa poderá escoitarse o xoves 28 de maio ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia e o venres 29 de maio ás 20.00 horas no Círculo das Artes.

A proposta musical desta semana afonda nas raíces dalgúns dos xéneros máis importantes da música occidental, cun percorrido que transita entre o Barroco e os primeiros pasos do Clasicismo europeo. O concerto tamén revisita un momento decisivo da historia musical: o nacemento dos concertos públicos no século XVIII, especialmente na escena inglesa, arredor da que xira boa parte do repertorio escollido.

Händel, Abel e Johann Christian Bach

O programa ábrese coa 'Suite núm. 1 en Fa maior ´Música Acuática´' de Georg Friedrich Händel, unha das obras máis coñecidas do compositor. Escrita en 1717 para acompañar unha travesía fluvial do rei George I polo río Támesis, a partitura converteuse nun símbolo da música festiva e cortesá da época. A suite reúne unha sucesión de danzas de inspiración francesa e popular que exemplifican a riqueza e o cosmopolitismo do estilo de Händel.

A continuación, a Real Filharmonía interpretará a 'Sinfonía núm. 4 en Do maior' de Carl Friedrich Abel, unha obra pertencente ás últimas creacións orquestrais do autor alemán. Considerado un dos grandes virtuosos da viola da gamba no século XVIII, Abel desenvolveu boa parte da súa carreira en Londres, onde impulsou xunto a Johann Christian Bach os célebres concertos “Bach-Abel”, fundamentais para a consolidación dos concertos públicos en Europa. A súa 'Sinfonía núm. 4' mostra xa a transición cara a unha nova linguaxe musical máis equilibrada e luminosa, propia do primeiro Clasicismo.

O concerto complétase coa 'Abertura e Suite de Amadis de Gaula' de Johann Christian Bach, unha obra cun significado especialmente simbólico para a Real Filharmonía de Galicia no ano no que a formación celebra o seu 30º aniversario. Esta obra foi interpretada no concerto inaugural da orquestra e regresa agora ao repertorio da RFG nun programa titulado 'Orixes', unha referencia tanto ás raíces da música orquestral europea como aos propios comezos da formación compostelá.

Este regreso ás primeiras partituras da Real Filharmonía busca reivindicar unha identidade construída a partir do diálogo entre épocas, estilos e tradicións musicais. A recuperación desta obra de Johann Christian Bach conecta o presente da orquestra coa súa historia e coa memoria compartida dunha parte dos músicos da formación que participaron naqueles primeiros concertos e que aínda lembran con especial agarimo esta partitura.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620