Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Museo do Pobo Galego proxecta a curtametraxe documental Costa e os castelos

O pase contará cun coloquio con Alejandro Gándara Porteiro e Manuel Lucas Mariño sobre patrimonio, memoria e territorio na Costa da Morte

Unha secuencia da curtametraxe
Unha secuencia da curtametraxe
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Museo do Pobo Galego acollerá este mércores 27 de maio, ás 19.00 horas, a proxección especial da curtametraxe documental Costa e os castelos, dirixida por Alejandro Gándara Porteiro. A sesión estará aberta ao público e contará cun coloquio posterior coa participación do propio director e de Manuel Lucas Mariño, presentado polo historiador e membro do padroado do museo Xosé María Lema Suárez.

O documental propón unha viaxe pola Costa da Morte a través dos seus castelos, torres e pazos, combinando historia, memoria e paisaxe nun relato sobre a identidade do territorio. A peza percorre espazos como o Castelo de Vimianzo, as Torres de Mens, a Torre da Penela, as Torres do Allo ou o Castelo de San Carlos.

Inspirada na curtametraxe Ô saisons, Ô châteaux, de Agnès Varda, a obra mestura investigación histórica e tratamento artístico cunha narración guiada pola voz en off da poeta e escritora María Lado.

A proxección permitirá tamén abrir unha conversa arredor da relación entre cinema e patrimonio e da importancia de achegar estes espazos históricos a novos públicos a través de formatos audiovisuais contemporáneos.

A proxección chega despois das primeiras presentacións públicas do documental na Costa da Morte e nun momento especialmente significativo para o seu equipo, xa que Alejandro Gándara Porteiro e Manuel Lucas Mariño foron recoñecidos recentemente co Premio Mestre Mateo a Mellor Documental por 360 Curvas, traballo no que participaron como codirector e director de fotografía, respectivamente.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620