Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Ateneo de Santiago acolle un faladoiro sobre voluntariado e saúde mental coa asociación Itínera

O encontro achegará o labor de compañía, apoio e inclusión social que desenvolve a entidade no ámbito da saúde mental

Imagen de archivo salud mental
Imagen de archivo salud mental
Igor Omilaev
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Ateneo de Santiago celebrará o vindeiro mércores, 27 de maio, ás 19.30 horas, un novo faladoiro no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo baixo o título 'Voluntarios comprometidos en saúde mental: Itínera'. 

A actividade contará coa participación de Carlos Martínez Uzal, coordinador da Asociación 'Itínera, Voluntarios en Saúde Mental', e María del Carmen Seoane, membro da directiva da entidade. 

Esta iniciativa xorde da colaboración entre o grupo de traballo Ateneo Solidario e a Asociación Itínera, co obxectivo de achegar á cidadanía unha realidade de crecente relevancia social como é a saúde mental.

Durante o encontro realizarase unha presentación xeral da asociación, das persoas que forman parte do proxecto e das diferentes liñas de acción que desenvolven para responder ás necesidades tanto das persoas usuarias como do voluntariado implicado. 

O faladoiro permitirá coñecer máis de preto o traballo diario dunha entidade que promove o acompañamento, o apoio e a participación social arredor da saúde mental.

A Asociación Itínera é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para favorecer a inclusión persoal, social e laboral das persoas con trastornos relacionados coa saúde mental. 

Para acadar este obxectivo desenvolve unha ampla variedade de iniciativas de carácter educativo, cultural e laboral orientadas a fomentar a autonomía progresiva das persoas participantes e facilitar a súa integración plena na sociedade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620