Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Escola Municipal de Música de Santiago lanza dous obradoiros de verán para infancia e mocidade con prazas limitadas

As propostas inclúen un laboratorio sonoro para nenos e nenas de 3 a 12 anos e unha formación en produción musical para mozos de 16 a 30 anos

A Escola Municipal de Música de Santiago abre ata o 2 de xuño a inscrición para dous obradoiros de verán que se desenvolverán no mes de xullo
A Escola Municipal de Música de Santiago abre ata o 2 de xuño a inscrición para dous obradoiros de verán que se desenvolverán no mes de xullo
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Escola Municipal de Música (EMM) xunto co Departamento de Educación do Concello de Santiago ofrece dúas propostas formativas e lúdicas para o mes de xullo: un laboratorio sonoro de verán para nenas e nenos e un obradoiro de produción musical para xente moza. O prazo de inscrición para a programación estival está aberto ata o vindeiro 2 de xuño.

O laboratorio sonoro de verán é unha actividade lúdico-educativa orientada a complementar a formación ofrecida dende a Escola Municipal de Musica e dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, que traballarán os distintos aspectos artísticos da creación musical enfocados a crear a posta en escena dunha representación final. O laboratorio desenvolverase no CEIP Santiago Apóstolo en dúas quendas: do 1 ao 15 e do 16 ao 31 de xullo, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas, con posibilidade de adiantar unha hora a entrada e atrasar unha hora a saída para facilitar a conciliación.

O obradoiro de produción musical está dirixido a persoas de 16 a 30 anos, que aprenderán a crear os elementos instrumentais necesarios para unha produción musical por ordenador, ademais de nocións básicas de edición e procesamento de audio e instrumentos. Esta formación será impartida polo compositor e produtor musical Adrián Vidal e desenvolverase no auditorio do Centro Xove da Almáciga con oito horas de duración, o 16 e o 17 de xullo de 10.00 a 14.00 horas.

O obradoiro de produción musical conta con 15 prazas, mentres que o laboratorio sonoro ofrece 90 prazas, 45 por quenda. O procedemento de solicitude de participación na programación de verán da Escola Municipal de Música está publicado na web do Concello de Santiago.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620