Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Mila Castro pide apoio institucional á protección da paisaxe cultural de Conxo

A concelleira non adscrita levará ao Pleno unha iniciativa para respaldar a solicitude trasladada á Unesco e reclamar o impulso do Plan Especial de Conxo

A iniciativa parte da preocupación polo impacto das obras da senda peonil e ciclista impulsada pola Xunta. Arquivo
A iniciativa parte da preocupación polo impacto das obras da senda peonil e ciclista impulsada pola Xunta. Arquivo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago de Compostela, Mila Castro, defenderá no vindeiro pleno municipal unha proposición para que a corporación exprese o seu respaldo institucional á solicitude de amparo e protección da paisaxe cultural de Conxo trasladada pola asociación veciñal Conxo Aberto á Unesco, así como para impulsar o Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Conxo.

A iniciativa parte da preocupación polo impacto das obras da senda peonil e ciclista impulsada pola Xunta entre O Milladoiro e San Caetano sobre a contorna do Banquete de Conxo e o río Sar. Segundo sinala Castro, “o proxecto impulsado pola Xunta entre O Milladoiro e San Caetano foi un proxecto errado desde o principio” e considera que o trazado é “incompatible coa protección dun espazo de enorme valor patrimonial, ambiental e simbólico para Santiago”.

A concelleira lembra que as obras foron paralizadas en maio de 2025 e fai referencia á apertura de dilixencias penais por parte da Fiscalía Europea Anticorrupción por un presunto uso irregular de fondos europeos, así como ás mobilizacións veciñais e ás advertencias técnicas e patrimoniais emitidas arredor do proxecto.

A proposta incorpora tamén as conclusións dun informe elaborado por Iocomos España sobre a compatibilidade do proxecto coa protección da paisaxe cultural de Conxo. Segundo recolle o documento, a alternativa seleccionada pola Xunta “mantén afeccións significativas á paisaxe e ao ecosistema forestal”.

O informe identifica ademais impactos sobre zonas de especial sensibilidade patrimonial e ambiental, como o Bosque do Banquete, os camiños históricos, elementos etnográficos asociados ao antigo hospital e as vistas paisaxísticas da contorna de Conxo.

Mila Castro lembra tamén que as concelleiras non adscritas xa impulsaran en xuño de 2024 unha iniciativa plenaria para solicitar a paralización das obras e a modificación do trazado, e asegura que esta nova proposta busca “respaldar institucionalmente o movemento impulsado por Conxo Aberto” e reforzar a protección efectiva deste espazo.

A proposición reclama ademais que o concello impulse de maneira decidida o Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Conxo como ferramenta para garantir a coherencia entre as actuacións urbanísticas, ambientais e de mobilidade previstas neste ámbito.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620