Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

La Fundación Manuel Fraga Iribarne presenta una obra sobre la trayectoria intelectual del expresidente

El libro de Jesús Trillo-Figueroa repasa el pensamiento, la trayectoria política y el legado de Manuel Fraga Iribarne.

Manuel Fraga
Manuel Fraga
El Ideal Gallego
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Fundación Manuel Fraga Iribarne celebra a presentación da obra 'Manuel Fraga, unha biografía intelectual. Vida, pensamento e valores', escrita polo xurista e escritor Jesús Trillo-Figueroa, unha publicación que profunda no legado político, intelectual e humano de quen foi unha das figuras máis relevantes da España contemporánea.

O acto contou coa participación de Miguel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia; Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Sandra Vázquez, presidenta da Fundación Manuel Fraga Iribarne; Xesús Palmou, conselleiro e secretario xeral do PPdG na época de Manuel Fraga; e o propio autor da obra, Jesús Trillo-Figueroa.

"A publicación ofrece unha rigorosa aproximación ao pensamento político e institucional de Manuel Fraga Iribarne, abordando a súa traxectoria como servidor público, a súa contribución decisiva ao proceso de modernización de España e o seu papel fundamental na consolidación democrática e autonómica", explican dende a Fundación.

A Fundación Manuel Fraga Iribarne impulsa esta presentación como parte do seu compromiso coa preservación e difusión do legado intelectual, político e académico de Manuel Fraga, promovendo espazos de reflexión sobre os valores do servizo público, o constitucionalismo e a convivencia democrática.

A figura de Manuel Fraga Iribarne, explican dende a entidade, ocupa un lugar destacado na historia política de Galicia pola súa contribución ao desenvolvemento institucional, económico e social da comunidade autónoma, sendo unha etapa clave na construcción da Galicia contemporánea e no fortalecemento do seu papel dentro de España e Europa.

O encontro reuniu a representantes políticos, académicos e sociais nunha xornada de recoñecemento e análise da figura e a obra de Manuel Fraga Iribarne, cuxo pensamento continúa formando parte do debate político e intelectual do noso tempo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620