Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Igrexa da Universidade convértese nun espazo de arte experimental coa exposición ‘Espazo imprevisto’

Os escultores Óscar Aldonza e Fausto García propoñen unha instalación inmersiva que homenaxea a histórica ‘Compañía do Teatro Tolo’ e cuestiona a relación entre autor e espectador

A vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar, Lorena Añón, presidiu o acto inaugural da exposición ‘Espazo imprevisto’
A vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar, Lorena Añón, presidiu o acto inaugural da exposición ‘Espazo imprevisto’
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Igrexa da Universidade acolle desde este venres 22 a exposición 'Espazo imprevisto', un proxecto dos escultores Óscar Aldonza e Fausto García que homenaxea a 'Compañía do Teatro Tolo', fundada por Sandor Czgledy no Budapest de 1909 e relacionada co movemento Dadá. “Esta iniciativa subversiva e libertaria sérvenos para establecer unha reflexión acerca da experiencia vivida cando entramos nunha exposición de arte, afastándonos da relación ríxida autor-espectador para propoñer unha idea máis dinámica e variable, que se constrúe a partir da propia experiencia”, explican dende o comisariado da mostra.

A exposición, que pode visitarse ata o 19 de xuño, de martes a venres, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, transita entre a escultura e a instalación. “Pode definirse como unha enorme instalación formada por moitas esculturas que conviven e se relacionan, dentro do espazo expositivo, con outros elementos modulares que constrúen pezas de carácter abstracto, espacial, realizadas especificamente para a mostra e montadas in situ, reforzando o seu carácter único e irrepetible”, sinalan.

“Os textos, ás veces incomprensibles, fusiónanse entre as obras, que temos que descubrir e intuír durante a visita, cambian os significados segundo observemos antes ou despois, en relación a unha ou outra escultura, sendo así que a imaxinación completa e define o noso particular”, conclúen. O acto inaugural da mostra estivo presidido pola vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar, Lorena Añón.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620