Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

'Nortear' leva ao Teatro Principal unha proposta escénica sobre o traballo feminino no mar e a idea de utopía

A nova creación de Columna Balteira, dirixida por Helena Salgueiro, representarase este venres 22 de maio en Santiago cun elenco de cinco intérpretes

O Teatro Principal de Santiago acolle este venres a representación de 'Nortear', de Columna Balteira, unha peza centrada no traballo feminizado no mar
O Teatro Principal de Santiago acolle este venres a representación de 'Nortear', de Columna Balteira, unha peza centrada no traballo feminizado no mar
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Un espazo baleirado do Norte. Un grupo de mulleres suspendidas nun tempo impreciso. O rumor constante do mar como compás e como condena. A partir destas imaxes constrúese 'Nortear', a nova proposta de Columna Balteira que chegará ao Teatro Principal este venres 22 de maio ás 20.30 horas.

A montaxe, con dirección, dramaturxia e espazo escénico de Helena Salgueiro, mergúllase nun universo onde o espectral se mestura co real, o político co onírico e o etnográfico co poético. Sobre o escenario, cinco mulleres transitan, danzan e traballan infinitamente nun movemento de deriva e resistencia, buscando un lugar no que ancorarse mentres puxan colectivamente cara a unha idea de utopía. Xorde así, en palabras da compañía, “unha peza sobre o traballo feminizado do mar que problematiza a idea de norte e da colonización. Na defensa do territorio e na emancipación dos seus corpos, as mulleres soñan e danzan a materia da utopía”.

'Nortear' articúlase como unha experiencia escénica de forte compoñente visual e corporal, na que o movemento, a música e a atmosfera adquiren un peso central. O elenco de intérpretes está integrado por Alba López, Adriana Rodríguez, Alixa Ladson, Helena Salgueiro e Masako Hattori, acompañadas pola banda sonora de Anne Lèpere e polo espazo lumínico deseñado por Montse Piñeiro. O vestiario leva a sinatura de Nuria López e a asistencia na dirección é de Marina Carnero, quen tamén é responsable do atrezzo canda Nuria López e Helena Salgueiro. A fotografía é de Benxamín Otero e Alba Cambeiro e o vídeo, de Xandra Táboas.

Tras a representación, haberá un encontro co equipo artístico da peza na posfunción, un espazo de diálogo aberto ao público arredor dos procesos de creación e das temáticas que atravesan a montaxe.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620