Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

‘Contra Ana’ sobe ao Teatro Principal cunha autoficción crúa sobre os TCA e a presión social sobre o corpo

A obra de Alma García recrea a súa experiencia nunha clínica de Barcelona para afondar nos trastornos da conduta alimentaria desde unha mirada íntima e contemporánea

O elenco de ‘Contra Ana’ durante unha das súas representacións, unha proposta escénica que combina teatro físico e relato autobiográfico
O elenco de ‘Contra Ana’ durante unha das súas representacións, unha proposta escénica que combina teatro físico e relato autobiográfico
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A experiencia persoal da actriz e autora Alma García convértese en materia escénica en 'Contra Ana', unha proposta de autoficción que aborda a anorexia e os trastornos da conduta alimentaria (TCA) desde unha perspectiva íntima, crítica e fondamente humana. A obra poderá verse o sábado 23 de maio ás 20.30 horas no Teatro Principal, dentro da programación de artes escénicas de Compostela Cultura.

'Contra Ana' céntrase no ano que a autora pasou ingresada nunha clínica de Barcelona e constrúe, a partir desa vivencia real, unha reflexión arredor da identidade, da autoimaxe e das presións sociais que condicionan a relación co corpo. Lonxe de ofrecer unha visión simplificada do problema, a obra procura afondar na complexidade dos TCA e nos factores sociais que contribúen ao seu desenvolvemento e mantemento.

Dirixida por Paco Montes, quen tamén asina a dramaturxia e a coreografía xunto a Beatriz Justamante, o espectáculo fia este relato autobiográfico con movemento e linguaxe contemporánea para explorar as relacións entre a persoa e a enfermidade. A través da escena, a obra formula preguntas sobre os estándares impostos, os mecanismos de control, os estereotipos e as formas nas que a sociedade participa na construción das identidades.

Alén da propia Alma García, conforman o elenco Carmen Climent, Javier Ruesga, Talia Bobany e Cristian Olarte. A proposta complétase cun equipo artístico no que participan Fer Muratoni na escenografía, Raquel Rodríguez na iluminación, Cristian Olarte na música e Alfon García na fotografía.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620