Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago publica as listaxes provisionais dos programas de conciliación de verán

As familias poderán confirmar praza entre o 21 e o 27 de maio en Compostela Concilia, Vacaludos e nos Obradoiros das Escolas Infantís Municipais

O Concello de Santiago publicou as listaxes provisionais de admisión e agarda dos programas de conciliación de verán para menores de 3 a 12 anos
O Concello de Santiago publicou as listaxes provisionais de admisión e agarda dos programas de conciliación de verán para menores de 3 a 12 anos
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Santiago publica este mércores as listaxes provisionais de admisión e de agarda dos programas de conciliación Compostela Concilia, Vacaludos e Obradoiros das Escolas Infantís Municipais para as quendas de verán, nos que participarán nenas e nenos a partir dos 3 anos e ata os 12.

Unha vez publicadas as listaxes, as familias poden confirmar praza desde mañá xoves 21 ata o mércores 27 de maio.

A través destas tres propostas, a Concellería de Educación, que dirixe Míriam Louzao, busca axudar ás familias a conciliar a vida familiar, laboral e persoal, ofrecendo ás nenas e nenos unha alternativa de lecer de calidade.

O programa Compostela Concilia desenvólvese en dous colexios de educación infantil e primaria (CEIP) e intercala actividades lúdicas, artísticas, deportivas, xogos e obradoiros dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Ofrécense seis quendas que van dende o 22 de xuño ao 7 de setembro, con 195 prazas por quenda agás nas de agosto, que son 90. Ademais, resérvase un 3% adicional de prazas para nenos e nenas con necesidades específicas de apoio.

Vacaludos tamén ofrece seis quendas para rapazada de 3 a 12 anos, neste caso con actividades de balde no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas). Dispón dun total de 73 prazas e oferta 20 prazas de 2 a 3 anos, 30 prazas de 4 a 6 e 23 prazas de 7 a 12 anos, en cada quenda.

Os Obradoiros das EIM son para nenas e nenos de 3 a 8 anos e teñen lugar nas escolas infantís municipais (Conxo, Fontiñas e Meixonfrío- Salgueiriños) en xullo e agosto. Están publicadas tamén as listaxes para os Obradoiros das EIM do curso 2026/2027.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620