Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Josefa Salgado Carballo, nova decana da Facultade de Física

A catedrática propón mellorar a coordinación cos institutos de investigación, impulsar a transferencia de talento e avanzar nun modelo de xestión máis áxil

A proposta destaca a necesidade de reforzar os vínculos entre a Facultade de Física, os institutos de investigación e o tecido empresarial
A proposta destaca a necesidade de reforzar os vínculos entre a Facultade de Física, os institutos de investigación e o tecido empresarial
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A profesora Josefa Salgado Carballo acaba de ser elixida decana da Facultade de Física por 42 votos a favor, 1 en branco e 1 abstención. Deste xeito, substitúe no cargo á profesora Elena López Lago. Acompañarana á fronte do equipo decanal Silvia Barbosa Fernández e Xesús Prieto Blanco (vicedecanos) e Héctor Álvarez Pol (secretario). Para estes seis anos de traballo, a decana considera “imprescindible”  abordar a rehabilitación do edificio da Facultade de Física, garantindo espazos “adaptados ás necesidades presentes e futuras da comunidade”.

Outro dos eixos fundamentais da súa proposta é a captación e retención do talento estudantil, “reforzando as accións orientadas a garantir unha formación inclusiva e de calidade para todo o estudantado”, dixo. Un dos retos a afrontar é a integración da intelixencia artificial no ámbito docente, que implica non só a incorporación de ferramentas dixitais avanzadas, senón tamén a “formación crítica do estudantado no seu uso, promovendo competencias que serán esenciais no seu desenvolvemento académico e profesional”. 

Así mesmo, salienta a necesidade de reforzar a conexión entre a Facultade de Física e os distintos institutos de investigación aos que está vinculado o PDI da Facultade, así como co tecido empresarial e coas empresas con capacidade de absorción “do grande talento presente nas nosas aulas”. A catedrática considera tamén fundamental “avanzar cara a un modelo de xestión máis áxil, baseado na participación, na transparencia e no diálogo constante, co obxectivo de construír un proxecto común e sólido”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620