Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

'Hermes' gaña o concurso de iluminación da contorna da Catedral de Santiago e marcará a futura luz da Praza de Praterías

O proxecto de Intervento impúxose nun certame internacional que define un novo modelo de iluminación ornamental para o corazón histórico compostelán

O proxecto Hermes, de Intervento, foi o gañador do Concurso Internacional de Iluminación Ornamental da contorna da Catedral de Santiago
O proxecto Hermes, de Intervento, foi o gañador do Concurso Internacional de Iluminación Ornamental da contorna da Catedral de Santiago
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación oficial do proxecto gañador e entrega dos premios do Concurso Internacional de Iluminación Ornamental e Artística da contorna monumental da Catedral de Santiago "Compostela nocturna, mírame!". O acto serviu para recoñecer o traballo dos tres equipos finalistas e dar a coñecer tanto as propostas finalistas como o proxecto que servirá de base para a futura iluminación do corazón da cidade histórica coas obras de iluminación na praza de Praterías.

No acto de entrega, que estivo presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, tamén participaron o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, o representante do equipo gañador, Miguel Ángel Lorite, e a representante da oficina técnica do concurso, Cecilia Pereira.

Na súa intervención, Goretti Sanmartín, alén de parabenizar as tres propostas finalistas e agradecer o traballo e implicación de todas as persoas que conformaron o xurado, explicou que "a proposta de iluminación que hoxe premiamos vai na liña de contar cun proxecto de iluminación pioneiro, que se axuste ás necesidades do noso patrimonio, ás condicións ambientais desta cidade e que atenda a delicadeza e as sutilezas da noite compostelá". A rexedora rematou expresando o desexo de que "sexa esta iluminación nocturna un atractivo máis para todas as persoas que temos a fortuna de vivir en Compostela, para as persoas da nosa comarca  e tamén para as persoas que nos visiten e queiran incrementar aquí as súas estadías e experiencias".

Pola súa banda, o director da Axencia de Turismo tamén coincidiu en poñer en valor o perfil das persoas do "xurado de expertos, todos de recoñecido prestixio" e aseguorou que é "unha satisfacción ver o resultado do concurso" por canto vai supoñer un impulso ao Plan de Sustentabilididade Turística de Santiago de Compsotela. Neste sentido, tamén afirmou que "é un plan perfectamente definido para as necesidades que ten Compostela".

Miguel Ángel Lorite, do estudio Intervento, recolleu o primeiro premio por 'Hermes', unha proposta que acadou 95 puntos sobre 100 no certame. O xurado considerou que se trataba dunha achega completa, eficiente, respectuosa e viable, valorando especialmente que resolvese a iluminación ornamental sen instalar novos elementos sobre as cubertas da Catedral.  Miguel Ángel Lorite salientou, en primeiro lugar, a importancia da convocatoria de concursos destas características e centrouse nos parámetros conceptuais que definen o proxecto. Así, explicou que entenden a iluminación artificial como "unha linguaxe", coa que intentarán alterar o mínimo tanto o conxunto monumental como o ceo nocturno, para crear "un ambiente visual pensado para a veciñanza, para ofrecerlle un paseo nocturno ás persoas que viven aquí, poñendo pequenos acentos en cousas que pasan desapercibidas, ou que estiveron e xa non están, en elementos da arquitectura vernácula ou que teñen que ver co imaxinario".

Os outros dous equipos finalistas —o estudio finés Valoa Design e o equipo italiano liderado por Studio Piero Castiglioni, xunto a Marco Petrucci e F&M Ingegneria— participaron de xeito remoto a través de vídeos nos que deron a coñecer os trazos fundamentais das súas propostas e agradeceron a súa valoración neste certame.

Un modelo de proba na praza das Praterías

Os asistentes trasladáronse á Praza das Praterías, espazo que acollerá o proxecto piloto da intervención. Tal como explicaron os responsables técnicos, esta praza servirá de banco de probas polas súas características de espazo cívico complexo con dúas plataformas e gran diversidade de usos, permitindo avaliar o comportamento da luz antes de estendela ao resto do ámbito monumental.

O proxecto proposto por Intervento baséase nunha interpretación da morfoloxía urbana e da historia construtiva, concibindo a luz como unha capa máis do espazo: integrada, reversible e respectuosa coa percepción diúrna. A iluminación estrutúrase mediante unha xerarquía na que os elementos principais reciben unha presenza gradual e controlada, mentres que os secundarios manteñen niveis máis baixos, favorecendo transicións suaves.

A proposta presta especial atención á continuidade visual entre prazas e tránsitos, O resultado é unha paisaxe nocturna equilibrada, comprensible e sostible, na que a iluminación actúa como ferramenta de interpretación e conexión, contribuíndo a unha relación máis consciente entre o patrimonio, a cidade e a noite.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620