Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

'Alicia wants to' converte o Teatro Principal nunha partida de xadrez sobre a exclusión social

A peza de Bengala Teatro Físico, dirixida por An González, represéntase o 21 de maio e propón unha experiencia participativa arredor da precariedade, a violencia estrutural e as decisións vitais

'Alicia wants to' é a proposta de Bengala Teatro Físico que combina teatro físico e linguaxe audiovisual e na que o público intervén no desenvolvemento da historia
'Alicia wants to' é a proposta de Bengala Teatro Físico que combina teatro físico e linguaxe audiovisual e na que o público intervén no desenvolvemento da historia
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Unha partida de xadrez como metáfora vital serve de punto de partida para 'Alicia wants to', a proposta escénica de Bengala Teatro Físico que chegará ao Teatro Principal o vindeiro xoves 21 de maio ás 20.30 horas. A montaxe, dirixida e escrita por An González, mestura realismo máxico e crueza social para mergullarse na historia dunha adolescente marcada pola exclusión, os abusos e a precariedade.

A historia bota a andar coa saída de Alicia dun centro de menores e o regreso á casa da súa nai, Juana. Ambas as dúas sobreviven nunha contorna atravesada pola pobreza, a violencia estrutural e a falta de protección institucional. A partir dese reencontro, a peza constrúe un relato no que o público deixa de ser mero espectador para participar activamente no desenvolvemento da acción, decidindo algunhas das eleccións ás que se enfronta a protagonista e condicionando así o rumbo da historia.

Con esta fórmula participativa, 'Alicia wants to' propón unha experiencia escénica directa e desafiante que interpela o público arredor das desigualdades sociais e das decisións que determinan as vidas das persoas máis vulnerables. O espectáculo combina teatro físico, linguaxe audiovisual e unha posta en escena simbólica arredor do xogo de xadrez, convertendo cada movemento nunha cuestión de supervivencia.

O elenco de 'Alicia wants to' está formado por Andrea Maseda, Estrella Tomé, Estela del Río e Alexia Villar. A peza conta con iluminación de Jorge López, asesoría teatral de Rey Montesinos e creación audiovisual da propia Andrea Maseda. Nas proxeccións participan Olivia Argudo e Christian Toimil, mentres que as voces en off corresponden a Mano Pardo, Andrés González, Paula Maseda, Teresa Rodríguez, Xosé Valcárcel e Iván Gómez. A ficha artística complétase co vestiario de Elisa Díaz e Fixenöeu, a escenografía de Borja C. Pernas, o atrezzo de Miguel Morán e Ero Vázquez e a fotografía de Laura Pose. A produción, distribución e o deseño de escenografía e vestiario corren a cargo de Bengala Teatro Físico, e o espectáculo conta coa colaboración do Centro Dramático Galego —ao abeiro do Xuventude Crea 2025—, TIC Lugo, Servizos Sociais do Concello de Lugo, Concello de Sarria e Concello de Meira.

A función, recomendada para maiores de 12 anos, ten unha duración aproximada de 60 minutos e contará cun encontro posfunción co público ao remate da representación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620